Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21682

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o primeiro cuadrimestre do ano 2020 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2020

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2020

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Acordo polo que se dispón a achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería do Medio Rural a favor da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Actuacións de recollida e destrución de niños da avespa velutina

3 de xaneiro de 2020

175.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA) para a realización das actuacións: dinamización da Rede Galega de Reservas de Biosfera, obxectivos de desenvolvemento sustentable e das áreas protexidas, exposicións itinerantes, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o CEIDA para a realización das actuacións: dinamización da Rede Galega de Reservas da Biosfera, obxectivos de desenvolvemento sustentable e das áreas protexidas, exposicións itinerantes, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental

10 de xaneiro de 2020

56.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a asociación Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos mariños varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a asociación Cemma para a asistencia veterinaria e recuperación dos réptiles, en especial das tartarugas mariñas e mamíferos mariños varados no litoral de Galicia, así como para a recompilación de mostras e o estudo das causas de morte destes animais

13 de xaneiro de 2020

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Monterrei para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Monterrei

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Monterrei para a redacción Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Monterrei

14 de xaneiro de 2020

87.244,00 €

Convenio de colaboración entre o Goberno de Aragón, socio líder, e a socia Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático para o proxecto Interreg Europe PGI 05799 Lindanet

Definir as bases da colaboración entre a socia e o socio líder para o desenvolvemento do proxecto Interreg Europe denominado Lindanet

14 de xaneiro de 2020

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Capela para desenvolver actividades de educación ambiental e atención ao público mediante a autorización de uso do Portal das Fragas do Eume-A Capela

Regular a colaboración Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Capela que autoriza o uso do Portal das Fragas do Eume-A Capela para desenvolver actividades de educación ambiental e atención ao público. De maneira que o Concello da Capela pon á disposición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o Portal das Fragas do Eume-A Capela, e a Consellería se compromete a desenvolver nel actividades de educación ambiental e atención ao público. O uso deste portal por parte da consellería, que non adquire obrigas económicas derivadas desta autorización, servirá para por en valor o Parque Natural das Fragas do Eume e, en especial, todos aqueles lugares de interese cuxo acceso é máis doado desde este portal

17 de xaneiro de 2020

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) para o desenvolvemento da Campaña Bandeira Azul 2020 en Galicia

Desenvolvemento da Campaña Bandeira Azul 2020 en Galicia

22 de xaneiro de 2020

40.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia

Regular as condicións da colaboración entre as partes asinantes para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia

18 de febreiro de 2020

37.729,00 €

Convenio de colaboración entre os concellos de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia para a realización da segunda fase construtiva do acondicionamento da Vía Verde do Salnés nun treito do trazado de ferrocarril entre Vilagarcía de Arousa e a estación de Portas

Articular a colaboración entre os concellos de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia para a execución da 2ª fase construtiva do acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Pontevedra-O Carril-Santiago de Compostela, treito Vilagarcía de Arousa-Caldas de Reis-Portas, para uso como vía verde

21 de febreiro de 2020

199.966,19 €

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Crecente para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

27 de febreiro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Leiro para a rehabilitación dunha pasarela colgante sobre o río Avia

Modificación do contido da cláusula terceira -compromisos da Xunta de Galicia- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

27 de febreiro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ordes para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

27 de febreiro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Palas de Rei para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

27 de febreiro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Sober para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

27 de febreiro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Boborás para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

28 de febreiro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Carballeda de Valdeorras para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

2 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Frades para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

3 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Lobeira para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

4 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Pino para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

4 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mondariz-Balneario para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

6 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilariño de Conso para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

6 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Cañiza para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

9 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Saviñao para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

10 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribeira para a construción do novo auditorio municipal

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira para a construción do novo Auditorio Municipal de Ribeira e o seu contorno

11 de marzo de 2020

500.312,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Pesca e Casting para a realización de actividades de organización de eventos e campionatos relacionados coa actividade piscícola na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación Galega de Pesca e Casting a través da organización de campionatos e eventos relacionados coa actividade piscícola na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa posterior divulgación

11 de marzo de 2020

25.000,00 €

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Arnoia para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

13 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Dodro para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

13 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Taboada para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

13 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Melide para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

18 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arbo para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arbo, que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da rúa San Benito, conforme o proxecto que define as actuacións obxecto do presente acordo

20 de marzo de 2020

185.750,38 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quintela de Leirado para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Quintela de Leirado, que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora da praza de Quintela

20 de marzo de 2020

34.701,18 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Muíños para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Muíños, que permitem acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento de espazos públicos en Tourós-Barxés

23 de marzo de 2020

140.950,45 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Riós para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Riós, que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento de praza pública en Progo

23 de marzo de 2020

76.526,50 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de San Cristovo de Cea para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de San Cristovo de Cea, que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora de rúas

23 de marzo de 2020

89.555,70 €

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente. Territorio e Vivenda e o Concello de Touro para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

24 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Moraña para as obras de equipamento municipal de ocio nas instalacións de Mirallos

Modificación do contido das cláusulas segunda -compromisos do concello- e terceira -compromisos da Xunta de Galicia- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

27 de marzo de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Lobios para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Lobios, que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización das prazas de Xendive e Ganceiros, no concello de Lobios

30 de marzo de 2020

76.577,34 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Lousame para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Lousame, que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora das vías das Bouciñas a Croído

30 de marzo de 2020

95.474,17 €

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Redondela para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

1 de abril de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oza-Cesuras para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oza-Cesuras, que permiten acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e mellora de vías no treito localizado nos lugares do Amilladoiro-Os Fiaños-Os Cousos-Candieiras, na parroquia de Filgueira de Barranca, coa formación de senda peonil, conforme o proxecto que define as actuacións obxecto do presente acordo

6 de abril de 2020

95.721,68 €

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Fundación Oso Pardo para o desenvolvemento das actuacións previstas no proxecto Life NAT/ES/000573 Actions to favour cantabrian brown bear expansion to new territories in Serra do Courel (Galicia, Spain)

Axustar o importe do convenio ao importe efectivamente executado en exercicios anteriores e ao importe que está previsto executar en 2020 e ampliar o prazo de execución da obra para a construción dunha edificación para o manexo e recuperación do oso pardo (Ursus arctus L.) no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral (Lugo) e, consecuentemente, ampliar o prazo de execución do contrato de servizo para a dirección e coordinación de seguridade e saúde da obra ata a mesma data

14 de abril de 2020

Redúcese a achega da consellería en 6.042,32 €

Addenda nº 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Bande para a realización de obras en materia de urbanismo

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento- para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

15 de abril de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Caza para a realización de actividades de divulgación e fomento da actividade cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación Galega de Caza para o fomento da actividade cinexética sustentable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da organización de actividades para a promoción e divulgación nesta materia

27 de abril de 2020

25.000,00 €