Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 26 de maio de 2020 Páx. 21300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 4 de maio de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2015/167-1).

Expediente: IN407A 2015/167-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 ao modificado 1 para o recuamento da LMT VIM-802, no lugar de San Tirso.

Concello: Zas.

Características técnicas:

– Retensado treito de liña eléctrica de media tensión aérea VIM-802, entre os apoios número 64-20-24 e número 64-20-25 (actuación número 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,072 km, con orixe no apoio número 64-20-24 existente da LMT VIM-802, no treito entre a derivada ao CT Orbellido II (expediente 50.294) e a derivada ao CT O Couto (expediente 50.804), condutor tipo LA-30 mm² (existente) e remate no apoio número 64-20-25 que se intercalará na LMT VIM-802, no treito entre a derivada ao CT Orbellido e a derivada ao CT O Couto.

– Treito de liña eléctrica de media tensión aérea VIM-802, entre os apoios número 64-20-26-1 e número 64-20-26 (actuación número 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,041 km, con orixe no apoio número 64-20-26-1 que substitúe o existente da LMT VIM-802, no treito da derivada ao CT O Couto, condutor tipo LA-30 mm² e remate no apoio número 64-20-26 proxectado que substitúe o existente da LMT VIM-802, apoio onde actualmente se realiza o entroncamento da derivada ao CT O Couto.

– Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,242 km, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio número 64-20-25 proxectado que se intercalará na LMT VIM-802, no treito entre a derivada ao CT Orbellido II e a derivada ao CT O Couto, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al e remate no paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio número 64-20-26-1 proxectado que substitúe o existente da LMT VIM-802, no treito da derivada ao CT O Couto.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

6. Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

De acordo co establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia este acordo ou, de ser o caso, as súas prórrogas.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 4 de maio de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/167-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 ao modificado 1 para o recuamento da LMT VIM-802, no lugar de San Tirso.

Concello: Zas.

– Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 5.

Lugar: Herbaliños, polígono: 507-parcela:169.

Cultivo: labradío.

Propietaria/o: descoñecida/o.

– Afección de solo en pleno dominio:

Apoio número: 64-20-25.

m²: 10,0.

– Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

Metros lineais subterráneos: 10,0.

m² subterráneos: 30,0.