Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 25 de maio de 2020 Páx. 21192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Altapedra, S.C.G. para unha explotación avícola de engorda de polos no lugar de San Xoán, parroquia de Cortegada, no concello de Sarreaus (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-71).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Memoria de renovación de autorización ambiental integrada «Altapedra-Cortegada».

Explotación gandeira de ceba para 600.000 polos broiler.

Non obstante o anterior, e de conformidade coas disposicións adicionais terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o inicio do prazo comezará a computar no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola dita disposición ou polas súas eventuais prórrogas, para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-71.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0091_NAA/IPPC_122.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.a) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Altapedra, S.C.G.

NIF: F32172348.

Localización da instalación: lugar de San Xoán, parroquia de Cortegada, 32632 Sarreaus (Ourense). Referencia catastral da parcela: 32079A501003710000KJ.

Actividade principal: explotación avícola de ceba de polos.

Descrición: a explotación está conformada por dúas seccións denominadas Altapedra e Cortegada, que forman unha mesma unidade produtiva, aínda que están divididas por dúas explotacións porcinas que se intercalan entre si:

• Altapedra: 10 naves de 17,36 × 110,36 m cada unha, provista de 2 silos por nave para o almacenamento de penso, salvo en catro das naves, as cales dispoñen de 3 silos por nave.

• Cortegada: 10 naves de 17,36 × 110,36 m cada unha, provista de 2 silos para o almacenamento de penso por nave.

O sistema de manexo empregado nesta explotación é todo dentro-todo fóra; o ciclo produtivo ten unha duración aproximada de 50 días, tras o cal as aves son enviadas ao matadoiro.

Unha vez que se desaloxan as naves, procédese á súa limpeza e desinfección. O baleiro sanitario dura 10-15 días, tras o cal se inicia a preparación das naves coa repartición da cama para albergar un novo ciclo produtivo.

A totalidade do esterco producido na explotación será enviado a un xestor autorizado. Para o almacenamento do esterco a explotación conta cunha esterqueira cuberta e proxéctase a construción doutra adxacente coas mesmas características.

Verteduras:

As augas residuais tanto das dúas vivendas (unha por cada grupo de naves), onde vive o encargado da explotación, como dos aseos e vestiarios do persoal nos dous grupos de naves, son conducidas a unha fosa estanca común para os dous fluxos de auga, os cales son retirados por xestor autorizado periodicamente.

As augas pluviais discorren pola parcela; para evitar a incorporación das augas de escoamento de chuvia procedentes do exterior do recinto da explotación existen desvíos de auga como cunetas perimétricas.