Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 25 de maio de 2020 Páx. 21195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia do acordo de medida provisional adoptada no marco da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados a partir do levantamento do estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 11 de maio de 2020

Margarita López Blanco
Xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Procedemento: acordo de medida provisional previa á incoación de procedemento sancionador.

Persoa interesada: 34882478B.

Acto notificado: acordo de medida provisional.