Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 22 de maio de 2020 Páx. 20994

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4044/2020).

No presente órgano xudicial tramítase o procedemento ordinario 4044/2020, por parte da procuradora Irene Cabrera Rodríguez, en nome e representación de R.V.I., P.J.M.L., A.F.G., J.C.V.I. e G.F.L. contra a Consellería de Medio, Territorio e Vivenda (Xunta de Galicia) e o Concello da Fonsagrada, no cal se substancia o recurso contencioso-administrativo interposto polos demandantes contra a Orde do 3 de xullo de 2019, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal da Fonsagrada (Lugo).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 13.5.2020 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade ao dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 13 de maio de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza