Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 22 de maio de 2020 Páx. 20990

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, do posto de xefe/a de sección da Área de Soporte a Usuarios/as e Xestión de Plataforma, da Subdirección de Sistemas de Información da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, convocada pola Resolución do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 211, do 20 de novembro).

Convocada pola Resolución do 4 de novembro de 2019 (DOG nº 211, do 20 de novembro), a provisión dun posto de xefe/a de sección da Área de Soporte a Usuarios/as e Xestión de Plataforma, da Subdirección de Sistemas de Información da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, esta Xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de sección da Área de Soporte a Usuarios/as e Xestión de Plataforma, da Subdirección de Sistemas de Información da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que se estableza na orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2020

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

Posto: xefe/a de sección da Área de Soporte a Usuarios/as e Xestión de Plataforma, da Subdirección de Sistemas de Información.

Nome e apelidos: Blanca Margarita Ledo Araújo.

DNI (*): ***5389**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.