Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 90, do 11 de maio de 2020, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 19632, onde di:
«4. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
Procedemento |
Publicación no DOG |
Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A). |
22.1.2020» |
Debe dicir:
«4. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
Procedemento |
Publicación no DOG |
Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR353A). |
22.1.2020» |
Na páxina 19645, onde di:
«2. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
Procedemento |
Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TR811A)». |
Debe dicir:
«2. Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
Procedemento |
Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR353A)». |