Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 18 de maio de 2020 Páx. 20478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea C.M.C. IV.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión mortis causa da batea C.M.C. IV e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

Antecedentes:

Primeiro. O 2 de maio de 2012, María Elena Dieste Pérez, en representación da comunidade de herdeiros de José Mariño Vázquez, solicitou autorización para a transmisión das bateas C.M.C. IV e Juan XV, e tramitáronse os expedientes de transmisión mortis causa das concesións administrativas e das mencionadas bateas. En ausencia de testamento e para os efectos da identificación das persoas con dereitos hereditarios, a interesada achegou declaración de herdeiros ab intestato do causante.

Segundo. Mediante a Orde do 28 de maio de 2012 (DOG núm. 143, do 27 de xullo) autorizouse a transmisión mortis causa das devanditas bateas e das concesións administrativas a favor de María Elena Dieste Pérez (***2032**), María de las Mercedes Mariño Dieste (***3667**) e José Mariño Dieste (***6682**).

Terceiro. Mediante o Decreto 301/2019 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira, do 23 de setembro de 2019, relativo á liquidación da sociedade de gananciais e liquidación e división da herdanza 159/2013, acordouse adxudicar a María Elena Dieste Pérez a batea C.M.C. IV.

Cuarto. Na escritura pública número 2012 de protocolización de operacións particionais aprobadas xudicialmente, formalizada o 18 de novembro de 2019 ante o notario de Boiro, José Prieto Luengo, outorgouse a María Elena Dieste Pérez a titularidade da batea C.M.C. IV.

Quinto. O 18 de decembro de 2019, María Elena Dieste Pérez solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea C.M.C. IV.

Sexto. A solicitante presenta toda a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

Sétimo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Revogar e deixar sen efecto a Orde do 28 de maio de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea C.M.C. IV.

Segundo. Autorizar a transmisión mortis causa a favor de Mª Elena Dieste Pérez (***2032**) da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: C.M.C. IV.

Localización:

Cuadrícula nº 6.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión administrativa.

Orde de outorgamento: 2.11.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029

Antigos titulares: Mª Elena Dieste Pérez (***2032**), José Mariño Dieste (***6682**) e María de las Mercedes Mariño Dieste (***3667**).

Nova titular: Mª Elena Dieste Pérez (***2032**).

A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas dos anteriores titulares.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, que comezarán a contar en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Este prazo comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e, se é o caso, as súas prórrogas, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 24 de abril de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
O xefe territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 6.11.2019)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños