Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 46/2020, seguido por instancia de José Carlos Lolo López contra Global FIR, S.L., sobre execución de sentenza ditada o 14.11.2019 no procedemento PO 440/2019, se ditaron auto en que se despacha execución e Decreto do 5 de maio de 2020, contra os cales pode interpoñer recurso dereposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.
E para que sirva de notificación a Global FIR, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 5 de maio de 2020
A letrada da Administración de xustiza