Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 38/2020, seguido por instancia de Jorge Lombardía Fernández contra José Salorio, S.L., sobre execución de sentenza, ditada o 8 de xaneiro de 2020 no procedemento PO 541/2019, se ditaron auto despachando execución e Decreto do 13 de marzo de 2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial, os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.
E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a José Salorio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 24 de abril de 2020
A letrada da Administración de xustiza