Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 15 de maio de 2020 Páx. 20373

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2020/21 (códigos de procedemento BS404A e BS404B).

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, segundo o disposto no artigo 27.23 do seu estatuto de autonomía.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais, inclúe no seu artigo 3.e) como un dos obxectivos do sistema galego de servizos sociais proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral e, no artigo 3.i), garantir o apoio ás familias como marco de referencia en que se desenvolven as persoas.

Así mesmo, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública o de atender, apoiar e protexer as familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

O Consorcio ten como misión primordial a participación na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local, con especial atención na xestión integral das escolas infantís e na atención educativa e asistencial dos nenos e nenas menores de tres anos na forma de recursos, equipamentos, proxectos, programas e prestacións, e no ámbito territorial dos municipios que o compoñen, co obxecto de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade, a través dunha oferta de recursos suficiente e equilibrada territorialmente, que contribúa a reforzar a igualdade de oportunidades na utilización da rede social de atención, segundo o disposto no artigo 6 dos estatutos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Conforme o exposto,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2020/21 (código BS404A solicitudes de novo ingreso e código BS404B solicitudes de renovación).

Artigo 2. Requisitos para ser adxudicataria/o

Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicataria/o de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:

a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.

b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2020. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.

c) Respecto daquelas familias que xa escolarizaran outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

Artigo 3. Orde de adxudicación das prazas

1. Procedemento ordinario.

As prazas adxudicaranse pola seguinte orde:

a) Renovación de praza.

As nenas e os nenos escolarizadas/os durante o curso 2019/20 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2, e sempre que estivesen matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2020, tal e como se recolle no artigo 14.2.a) do Regulamento de réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio (RRI).

As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude se houber prazas vacantes no horario solicitado. De haber máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo cal se incorporou á escola segundo o recollido no artigo 15.a) do RRI.

b) Traslado de centro.

As familias cun/cunha neno/a escolarizado/a nunha escola infantil da rede A Galiña Azul no curso 2019/20 que xustifiquen un cambio de domicilio e/ou lugar de traballo terán dereito preferente a unha praza no centro que soliciten sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.

c) Novo ingreso.

As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación:

1º. As dos fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai, o pai, a persoa acolledora ou a titora ou o titor legal.

2º. As de nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o cal solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.

3º. As de menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.

4º. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo V. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas dentro dos criterios de prioridade para adxudicación de prazas previstos no artigo 14.1 do RRI:

En primeiro lugar obterán praza nas escolas, os/as nenos/as empadroados no concello en que se sitúe a escola. En segundo lugar, de existiren prazas vacantes, poderán obter praza os/as fillas/os de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no concello en que se localice a escola. En terceiro lugar, poderán acceder tamén persoas dos concellos limítrofes.

2. Procedemento extraordinario.

a) Solicitudes de ingreso urxente.

Para os ingresos urxentes reservarase, polo menos, unha praza por cada grupo de idade e como máximo, unha por unidade aberta.

Terán a consideración de ingresos urxentes os seguintes casos:

1º. Os de menores tutelados/as ou en situación de garda pola Consellería de Política Social.

2º. Os de fillos/as das mulleres que se atopen nunha casa de acollida e/ou sexan vítimas de violencia de xénero.

3º. Aqueloutros en que concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.

b) Solicitudes presentadas fóra de prazo.

Admitiranse, con carácter excepcional, as solicitudes presentadas fóra do prazo establecido no punto 2 do artigo 10 que se atopen nos seguintes casos:

1º. Nacemento, acollemento ou adopción da/do nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

2º. Cambio de concello de residencia ou de traballo da unidade familiar.

3º. Cambio de domicilio ou lugar de traballo da unidade familiar dentro do mesmo concello

4º. Retorno a Galicia durante o ano 2020 das galegas e galegos que residían fóra de España, sempre que o dito retorno se producise con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

5º. Outras circunstancias que motivadamente aprecie a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Estas solicitudes deberán ir acompañadas da documentación acreditativa da circunstancia que motiva a súa presentación fóra de prazo.

Nestes supostos a adxudicación estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena no centro para o cal se solicita.

As solicitudes relativas aos supostos recollidos nos puntos 2º e 3º anteriores con praza adxudicada nunha escola infantil da rede A Galiña Azul, de non existiren prazas vacantes, terán preferencia sobre o resto que estea en lista de espera despois de adxudicar praza ás que se atopen nos supostos recollidos nos números 1º, 2º e 3º da alínea 1.c) do artigo 3, referido ás solicitudes de novo ingreso. De haber máis dunha solicitude nestas circunstancias, a adxudicación realizarase segundo a data de presentación en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 4. Calendario e horario de apertura das escolas

1. Calendario.

Nas escolas infantís 0-3 a que se refire esta resolución o curso escolar dará comezo o día 4 de setembro de 2020.

Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e os días 7, 24 e 31 de decembro.

As escolas pecharán ás 15.00 horas os días 5 de xaneiro e martes de Entroido.

De ser o caso, os nenos e nenas deberán ser recollidos ás 15.00 horas os días en que se celebren festas na escola en horario de tarde que exixan a participación do persoal e que estean previstas na programación anual. As datas serán notificadas mediante unha circular informativa a todas as persoas usuarias.

Con carácter xeral, as escolas permanecerán pechadas no mes de agosto. Excepcionalmente a Xerencia poderá acordar a prestación do servizo nun determinado número de escolas de garda para o cal poderá establecer un sistema rotativo entre aquelas radicadas nun mesmo concello ou atendendo a unha distribución zonal para o resto das escolas.

Os centros que eventualmente poidan permanecer abertos serán determinados pola Xerencia atendendo ao número de solicitudes debidamente xustificadas con base en motivos laborais ou enfermidades graves.

Para a apertura da escola de garda será necesaria unha demanda de prazas que permita crear, polo menos, unha unidade internivelar (15 nenos/as de entre 0-3 anos).

O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2020/21.

En casos excepcionais debidamente xustificados poderase admitir a asistencia do neno ou da nena durante os 12 meses do ano. En tales circunstancias deberase formular unha solicitude cunha anticipación mínima dun mes, agás causas sobrevidas que o impidan. Esta solicitude será estudada e, se procede, autorizada pola Xerencia adxunta de Escolas Infantís do Consorcio. A ausencia de resposta no prazo de dez (10) días suporá a desestimación da solicitude.

2. Horario.

O horario de apertura das escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio para o curso 2019/20 e a relación delas xunto cos seus enderezos pode consultarse no anexo VII e nas páxinas web: https://sede.xunta.gal, http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.

As franxas horarias poderán ser modificadas no horario establecido cando o número de crianzas no centro sexa superior ou inferior ao 10 % do número de prazas da escola, excluídas aquelas xornadas por quendas.

En ningún caso a/o nena/o que sexa recollida/o en último lugar poderá exceder a súa permanencia na escola máis de 30 minutos despois da saída do resto das crianzas.

As persoas usuarias dentro do horario de apertura e peche do centro poderán optar polas seguintes tipos de xornadas:

1. Xornada completa, coas seguintes modalidades:

a) Continua: aquela en que a crianza permanece na escola ata o máximo de 8 horas, sen solución de continuidade.

b) Partida: aquela en que a crianza permanece na escola ata o máximo de 8 horas, con solución de continuidade. Neste caso, o tempo de permanencia na escola, con carácter xeral, non poderá ser inferior a 3 horas tanto na xornada de mañá como na xornada de tarde.

c) Por quendas: aquela en que por motivos persoais ou laborais dos proxenitores ou representante legal da crianza debidamente acreditados, esta asiste semanas alternas en horarios distintos.

2. Media xornada: as medias xornadas serán, como mínimo, de 3 horas e como máximo de 4 horas.

A permanencia do alumnado no centro non poderá superar as 8 horas diarias dentro da xornada pola cal opte, agás cando, por circunstancias excepcionais debidamente acreditadas, teña que permanecer un tempo superior ao máximo establecido. Estes supostos, serán estudados e, de ser o caso, autorizados pola Xerencia adxunta para Escolas Infantís.

Artigo 5. Prestacións

1. As persoas usuarias poden optar por unha das seguintes modalidades de servizo:

a) Atención educativa con comedor.

b) Atención educativa sen comedor.

A opción dos servizos elixidos farase constar na solicitude e manterase durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

2. As nenas e nenos que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo en días soltos sempre que se comunique á dirección do centro con anticipación suficiente e aboen o prezo estipulado.

Artigo 6. Prezos

1. Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias serán os establecidos na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais.

Cando o neno ou a nena para o cal se solicita praza ocupa o segundo lugar, ou sucesivo, no número de orde dos fillos/as que compoñen a unidade familiar, seralle de aplicación o establecido na disposición adicional novena da Lei 13/2018, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

2. Aboaranse once mensualidades por curso, agás nos casos establecidos na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais, e no artigo 4.1 desta resolución.

3. A inasistencia á escola infantil durante un determinado período non supón redución nin exención ningunha do pagamento da cota, agás nos casos establecidos na dita normativa de prezos.

Artigo 7. Regras para a determinación do importe do prezo público

Para a determinación do importe mensual do prezo público que se debe aboar polas prazas nas escolas infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, teranse en conta as especificacións recollidas na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais.

Para estes efectos tomarase para o cálculo da cota a declaración do IRPF correspondente ao ano 2018.

Non obstante o anterior, cando as circunstancias concorrentes na data da devindicación do IRPF non coincidan coas circunstancias do momento da presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, teranse en conta estas últimas, tanto para o cálculo da renda per cápita como para a aplicación do baremo e dos distintos descontos. En todo caso, estas circunstancias deberán xustificarse documentalmente no momento de presentación da solicitude.

Artigo 8. Solicitudes e documentación

1. O procedemento de solicitude de praza será o seguinte:

1.1. Renovación de praza (BS404B).

1.1.1. Para a renovación da praza do alumnado escolarizado durante o curso 2019/20, presentarase o modelo normalizado de solicitude segundo o anexo VI, que estará dispoñible nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org, así como nas propias escolas infantís 0-3.

1.1.2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II relativo á comprobación de datos do/da cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar e autorización para a presentación da solicitude de praza.

b) Outros documentos que acrediten cambios de carácter socio-económico na unidade familiar.

1.2. Novo ingreso (BS404A).

1.2.1. As solicitudes de novo ingreso presentaranse segundo o modelo normalizado establecido (anexo I). Neste impreso poderá solicitarse praza para máis dunha escola, indicando a orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na escola que se indique como primeira opción.

Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org e facilitaranse tamén nos propios centros en que se solicite praza.

1.2.2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II relativo á comprobación de datos do/da cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar e autorización para a presentación da solicitude de praza.

b) Anexo III, no caso de optar á axuda do programa Bono Concilia.

c) Anexo IV, no caso de optar a unha praza do servizo de educación infantil 0-3 en escolas infantís de titularidade privada.

d) Xustificación de ocupación do/da pai/nai, titor/a legal ou acolledor/a actualizada no caso de persoas traballadoras que non estean no réxime xeral da Seguridade Social.

e) Certificado de empadroamento da crianza e dun dos proxenitores ou representante legal, que será expedido polo concello no que residan (con efectos desde o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).

f) Nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.

g) Nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas, certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza.

h) Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2018, deberán comunicarse e presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica.

i) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

j) Certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, se é o caso, cando non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

k) Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil acreditada por un equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.

l) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.

m) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:

1º. Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia do/da pai/nai, acolledor/a, titor/a legal ou doutros membros da unidade familiar cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2º. Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial de medidas paterno-filiais ou certificado administrativo de monoparentalidade expedido pola Comunidade Autónoma.

3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non fose expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

n) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada pola secretaría xudicial.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

1.2.3. A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nas letras d), j), l), m) dentro do prazo de solicitude e emenda suporá que non se valore, na correspondente epígrafe do baremo que se recolle no anexo V, calquera das circunstancias alegadas.

1.2.4. Opción de participación no programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.

As persoas que non obteñan praza pública poderán optar a unha praza nalgunha das escolas infantís adscritas ao programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada. Para estes efectos, deberán cubrir a epígrafe correspondente da solicitude no anexo I desta resolución e, ademais, presentar o anexo IV debidamente cuberto, no cal se seleccionará un máximo de tres escolas infantís privadas con prazas deste servizo.

A relación de escolas adscritas a este programa poderá consultarse no anexo VIII desta resolución, a cal se publicará na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.

1.2.5. Opción de participación no programa Bono Concilia.

Así mesmo, nas solicitudes de novo ingreso, as persoas solicitantes que non obteñan praza pública e respecto do primeiro fillo ou filla da unidade familiar poderán optar, nas condicións que estableza a correspondente convocatoria, ao Bono Concilia da Consellería de Política Social, que consiste nunha axuda económica mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos. Para estes efectos, deberase cubrir a epígrafe correspondente no anexo I desta resolución e, ademais, presentar a seguinte documentación:

a) Declaración de non percibir outras axudas para o mesmo concepto, ou de percibilas coa indicación da súa contía (anexo III).

b) Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Comunidade Autónoma, de non ter débedas por resolución de procedencia de reintegro e de estar ao día coa Seguridade Social (anexo III).

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. A información relativa ao procedemento poderase consultar na páxina web: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos e nas escolas infantís que figuran no anexo VII.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. De conformidade co establecido na normativa de protección de datos, para a tramitación destes procedementos, BS404A e BS404B, consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), da persoa solicitante, da/o cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao ano 2018.

2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, procedemento BS404A, consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa solicitante e da/do cónxuxe ou parella.

b) Grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Acollemento ou garda con fins adoptivos do neno ou da nena para quen se solicita praza formalizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Estar inscrita como demandante de emprego na data do día anterior ao da publicación desta resolución, de ser o caso, a persoa solicitante e o/a cónxuxe ou parella.

e) Grao de discapacidade e/ou de dependencia do/da pai/nai, acolledor/a, titor/a legal recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Familia numerosa recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos anexos I, II e VI, segundo o caso, e achegar os correspondentes documentos acreditativos.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

2. O prazo para a presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11. Instrución do procedemento

As direccións que xestionen este procedemento, como órganos responsables da súa tramitación, comprobarán que as solicitudes reúnen os requisitos recollidos nesta resolución. De non ser así, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixer así, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se entenderá que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Dirección do centro e a persoa titular da Xerencia adxunta de Escolas Infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar poderán reclamar en calquera momento todos aqueles datos que coiden precisos para unha realización máis eficaz da súa función e a súa debida acreditación documental.

Artigo 12. Avaliación das solicitudes

1. A adxudicación de praza efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido no anexo V. No caso de obter igual puntuación, terán preferencia, en primeiro lugar, as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e despois as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

2. Aplicaráselles a todas as solicitudes recibidas un procedemento de valoración. Con tal fin constituirase o consello escolar de cada centro, conforme o previsto no artigo 7.c) do RRI.

A relación provisional de persoas admitidas e a lista de agarda coas puntuacións obtidas farase pública un mes despois de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e poderase consultar nas páxinas web http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org e nos respectivos centros.

Artigo 13. Reclamacións

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos 5 días posteriores á data da exposición pública da relación provisional.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Artigo 14. Resolución do procedemento

1. Corresponde á Xerencia do Consorcio, unha vez comprobadas as reclamacións presentadas contra a relación provisional, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de agarda, onde figurará a puntuación obtida.

Cada alumna/o só poderá ser adxudicataria/o dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

A relación definitiva coa puntuación poderase consultar transcorridos 15 días hábiles desde a publicación da relación provisional de persoas admitidas nas páxinas web: http://politicasocial.xunta.gal e http:/www.igualdadebenestar.org así como nos respectivos centros.

2. Con carácter xeral, o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento previsto nesta convocatoria será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

3. Na relación definitiva de admisión estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación que tivesen entrada con anterioridade á data de publicación da relación provisional.

4. No suposto de ingresos urxentes, a resolución do procedemento corresponde á Xerencia adxunta para Escolas Infantís, nun prazo de cinco (5) días desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen se ditar resolución expresa, a solicitude terase por desestimada.

5. As resolucións previstas no punto 1 e 4 deste artigo non esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso de alzada perante a Presidencia do Consorcio no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

A resolución da Presidencia esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 15. Notificacións

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como as correspondentes resolucións, sen prexuízo do disposto no artigo 46 da mesma lei. Esta publicación producirá os efectos de notificación. Así mesmo, de forma complementaria poderase efectuar a notificación de todos actos administrativos de acordo co reflectido nos parágrafos seguintes:

a) As notificacións complementarias dos actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

b) As notificacións electrónicas complementarias realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán en ningún caso efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

c) A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación complementaria (electrónica ou en papel).

d) As notificacións complementarias por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

e) Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Matrícula

1. As persoas que obteñan praza disporán de 8 días, contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de adxudicación, para presentaren no centro onde obtivesen a dita praza o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa copia da cartilla de vacinación do neno ou nena.

O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación, así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza; en caso contrario, a persoa interesada decaerá na súa solicitude.

2. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web http://políticasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.

3. A renuncia a unha praza concedida implica a imposibilidade de obter calquera outra praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia así como de optar a unha praza do servizo de educación infantil en escolas infantís 0-3 privadas e á axuda do Bono Concilia.

Artigo 17. Lista de agarda

1. A lista de agarda estará constituída polas persoas solicitantes que non obteñen praza pública, ordenadas segundo a puntuación acadada no baremo de admisión.

2. Para a xestión da lista de agarda e cobertura das prazas vacantes observarase o previsto no artigo 21 do RRI.

3. As solicitudes en lista de agarda ás cales conceda unha praza do servizo de educación infantil en escolas infantís 0-3 privadas ou o Bono Concilia serán excluídas automaticamente da dita lista. Non obstante o anterior, se antes de que se dite a resolución de concesión do bono se producisen vacantes nalgún dos centros solicitados, as solicitudes afectadas reintegraranse á lista de agarda para os efectos de adxudicación destas prazas vacantes.

4. Na relación definitiva da lista de agarda estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación que teñan entrada con anterioridade á data da súa aprobación.

5. As solicitudes que non se presenten nos prazos fixados nesta convocatoria polas circunstancias sobrevidas referidas no punto 2.b) do artigo 3 debidamente xustificadas serán valoradas nos procedementos extraordinarios segundo o previsto no RRI e, no caso de non podérselles adxudicar unha praza, incluiranse na lista de agarda segundo a puntuación obtida.

Artigo 18. Revisión do prezo

O prezo fixado inicialmente revisarase nos seguintes casos:

a) Modificación das circunstancias que determinan os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b) Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 20 % en cómputo anual respecto aos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración mínima de seis meses para seren tomadas en consideración e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola AEAT ou por calquera outra documentación que, a xuízo da Xerencia adxunta de Escolas Infantís do Consorcio, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

c) Variación no número de membros da unidade familiar.

Para estes efectos, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza nos supostos que deron lugar ao cálculo do prezo público que se lle aplica.

A modificación do prezo será resolta pola Xerencia adxunta de Escolas Infantís e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.

Artigo 19. Baixas

1. Será causa de baixa na escola infantil:

a) O cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) A solicitude das persoas proxenitoras ou representantes legais.

c) A falta de pagamento do prezo establecido durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que for o curso escolar a que se refire a débeda, sen prexuízo da reclamación desta polo procedemento administrativo de constrinximento.

d) A comprobación de falsidade nos documentos ou nos datos achegados.

e) A incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

f) A falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada.

g) Por incumprimento reiterado das normas da escola.

2. Naqueles casos en que se produza unha falta de asistencia prolongada, deberá presentarse cunha periodicidade mensual a documentación acreditativa da causa que a produce. O incumprimento desta obriga será causa de baixa.

3. As baixas motivadas polo establecido na alínea e) serán resoltas pola Xerencia do Consorcio, por proposta da Xerencia adxunta para Escolas Infantís, unha vez oída a Dirección do centro a que asiste a alumna ou alumno e realizado o trámite de audiencia da/das persoa/s interesada/s. O prazo de resolución será de 2 meses desde o inicio do expediente. Nos demais supostos aprobarase a baixa por resolución da Xerencia adxunta para Escolas Infantís, por delegación do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Contra as resolucións ditadas no procedemento anterior será de aplicación o establecido no artigo 14.5 desta resolución.

4. As baixas producidas ao longo do curso escolar por calquera dos motivos anteriormente expostos cubriranse coas solicitudes que figuren nese momento en lista de agarda en cada grupo de idade, por rigorosa orde de puntuación.

Artigo 20. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que a cidadanía poida acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de dar a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición adicional primeira. Solicitudes de escolarización e/ou flexibilización de nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo

As familias dos/das nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo escolarizados/as durante o curso 2019/20, e aquelas outras con crianzas con necesidades que non estivesen escolarizadas nese mesmo curso, e que tivesen cumprido os tres anos a 31 de decembro de 2020, poderán solicitar a súa permanencia na escola ou o seu ingreso nela durante un curso máis, para o cal deberán presentar as solicitudes de renovación ou novo ingreso e cubrir a parte correspondente á flexibilización.

Xunto coa dita solicitude deberán achegar os informes dos/das profesionais que levan o seguimento do neno ou da nena tales como o da unidade de atención temperá, da unidade de rehabilitación ou o do/a pediatra.

Para o suposto de nenos/as de NEAE xa escolarizados, a dirección da escola elaborará un informe de observación e seguimento do neno ou da nena e realizará unha valoración sobre a pertinencia da súa permanencia na escola infantil, tendo en conta a súa evolución, as consideracións da familia e os informes doutros/as profesionais.

En ambos os casos, a escola remitirá a solicitude xunto co resto da documentación á Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o seu traslado ao equipo de orientación específico, que emitirá o correspondente ditame de escolarización.

No caso de que o ditame de escolarización sexa favorable, a Xerencia do Consorcio emitirá a resolución de permanencia do alumno/a na escola infantil 0-3 para o curso escolar solicitado.

Paralelamente, a familia deberá solicitar praza para o segundo ciclo de educación infantil nun centro que imparta este nivel educativo dentro dos prazos anuais establecidos para o efecto pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Deste xeito, asegurará a escolarización nun centro da súa elección no caso de que o ditame sexa desfavorable á flexibilización do período de escolarización nunha escola infantil 0-3.

Con carácter xeral, todos os nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo incorporaranse no grupo que lle corresponde atendendo á súa idade cronolóxica. Excepcionalmente, poderán ser situados noutro grupo considerando a súa idade madurativa segundo as recomendacións explicitadas nos informes das profesionais e dos profesionais que fan o seguimento e valoración do neno ou da nena.

Disposición adicional segunda. Ratios nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo

No caso de integrarse nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo, con carácter xeral non poderá haber máis dun alumno ou alumna con estas necesidades por aula. Para os efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.

Disposición adicional terceira. Escolas de nova apertura

Para a escola de nova apertura de Paderne de Allariz, a data de comezo do curso comunicarase ás familias tras a formalización da matrícula dos/das nenos/as, en función da concesión das preceptivas autorizacións administrativas para o seu funcionamento e das obras e prazos que deberán terse en conta para a debida posta en marcha dun centro de nova apertura que, en todo caso, será posterior ao 14 de outubro.

A matrícula deste centro formalizarase nos lugares e no horario exposto na relación que se publica xunto con esta resolución nas páxinas web https://sede.xunta.gal, http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

Baremo

1. Situación socio-familiar.

1.1. Por cada membro da unidade familiar: 2 puntos.

1.2. Por cada persoa que, non formando parte da unidade familiar, estea ao seu cargo: 1 punto.

1.3. No caso de que o/a neno/a para quen se solicita a praza nacese nun parto múltiple: 1 punto.

1.4. Por cada membro da unidade familiar afectado por discapacidade ou enfermidade que requira internamento periódico: 2 puntos.

1.5. Pola condición de familia monoparental: 3 puntos.

1.6. Por ausencia do fogar familiar de ambos os membros parentais: 6 puntos.

1.7. Pola condición de familia numerosa: 3 puntos.

1.8. Outras circunstancias familiares debidamente acreditadas: ata 3 puntos.

2. Situación laboral familiar.

2.1. Situación laboral de ocupación:

– Nai: 7 puntos.

– Pai: 7 puntos.

2.2. Situación laboral de desemprego (1):

– Nai: 2 puntos.

– Pai: 2 puntos.

2.3. Persoas que desenvolvan e perciban o tramo de inserción (Risga):

– Nai: 3 puntos.

– Pai: 3 puntos.

– (1) Valorarase tal condición coa certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución.

– No caso de familias monoparentais ou daquelas en que o neno ou a nena conviva cunha soa persoa proxenitora, adxudicaráselles a puntuación da epígrafe correspondente computando por dous.

– Só se poderá obter puntuación por unha das epígrafes anteriores.

3. Situación económica.

R.P.C. mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente (calculada de acordo co establecido no artigo 7 desta resolución):

– Inferior ao 30% do IPREM: +4 puntos.

– Do 30 % ou superior e inferior ao 50 % do IPREM: +3 puntos.

– Do 50 % ou superior e inferior ao 75 % do IPREM: +2 puntos.

– Do 75 % ou superior e inferior ao 100 % do IPREM: +1 punto.

– Do 100 % ou superior e inferior ao 125 % do IPREM: -1 punto.

– Do 125 % ou superior e inferior ao 150 % do IPREM: -2 puntos.

– Entre o 150 % e o 200 % do IPREM: -3 puntos.

– Superior ao 200 % do IPREM: -4 puntos.

– En caso de obter igual puntuación, terán preferencia en primeiro lugar as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e despois as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

– Para os efectos desta resolución están a cargo da unidade familiar as persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.

– No caso de ausencia do fogar familiar de ambos os membros parentais, adxudicarase a puntuación máxima nas epígrafes 2º e 3º do baremo.

– No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Relación de escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar-enderezos para a tramitación do procedemento e horario ofertado para o curso escolar 2020/21

Escola

Enderezo

Teléfono

Horario ofertado

Curso 2020/21*

A Coruña-A Sardiñeira

Avda. da Sardiñeira, nº 40, 15008, A Coruña

881 065 534

07.30-20.00

A Coruña-Monte Alto

Ronda de Monte Alto, Polígono G2.01, 15002, A Coruña

981 108 184

07.30-18.00

A Coruña-Parque Eirís

Rúa Javier López López, nº 12, Parque Eirís, 15009, A Coruña

981 100 576

07.30-18.00

A Estrada

Avda. Benito Vigo-nacional 640-plan parcial A Baiuca, 36680

986 677 920

07.30-18.00

A Fonsagrada

Rúa Enrique Saavedra s/n, 27100 A Fonsagrada (Lugo)

982 340 315

09.00-18.00

A Illa de Arousa

Travesía do Pombal, nº8, 36626 A Illa de Arousa (Pontevedra)

986 551 545

07.30-18.00

A Laracha

Rúa río Anllóns, nº 11, 15145 A Laracha (A Coruña)

881 926 896

07.30-18.00

A Merca

Lugar da Manchica, s/n, 32830 A Merca (Ourense)

988 260 930

08.00-18.00

A Pobra de Trives

Rúa dos Trinta, nº 4, 32780 Pobra de Trives (Ourense)

988 331 018

08.00-19.00

A Rúa

Avda. de Vilela, s/n, 32350 A Rúa (Ourense)

988 310 840

08.00-18.00

Alfoz

Lugar da Veiga-Carballido-27776 Alfoz (Lugo)

982 571 221

08.30-15.30

Allariz

Rúa Hospital, nº 27, 32660 Allariz (Ourense)

988 440 219

07.30-18.00

Ames-Bertamiráns

Rúa do Muíño, s/n, Bertamiráns, 15220, Ames (A Coruña)

617 332 464

07.30-19.30

Ames-Figueiras

Rúa de Figueiras, s/n, 15895 Milladoiro, Ames (A Coruña)

981 533 930

07.30-19.30

Antas de Ulla

Rúa Miguel Anxo Blanco, s/n, 27570 Antas de Ulla (Lugo)

982 379 596

08.00-16.30

Ares

Urbanización A Granxa, s/n, 15624 Ares (A Coruña)

981 448 679

07.30-18.00

Arteixo-Pastoriza

Rúa Lagartos s/n-Pastoriza, 15140, Arteixo (A Coruña)

981 110 110

07.30-18.00

Arteixo-Río Tambre

Rúa río Tambre, s/n, 15142, Arteixo (A Coruña)

881 018 954

07.30-18.00

Arzúa

Rúa Consuelo Agra, s/n,15189 Arzúa (A Coruña)

981 500 414

08.30-19.30

As Neves

Rúa Laredo, baixo, 36440 As Neves (Pontevedra)

986 648 427

08.00-18.00

Baiona

Rúa Arquitecto Palacios, nº 4, 36300 Baiona (Pontevedra)

986 358 478

07.30-18.00

Bande

Rúa Xaquín Lorenzo, s/n, 32840 Bande (Ourense)

988 443 651

09.00-16.00

Barro

Lugar de Outeiro, nº 5, B, Perdecanai, 36194 Barro (Pontevedra)

986 711 752

07.30-18.00

Betanzos

Avda. Fraga Iribarne, esq. Instituto Francisco Aguiar, s/n, 15300 Betanzos

(A Coruña)

645 258 628

07.30-20.00

Boiro

Praia Xardín, s/n, 15930 Boiro (A Coruña)

981 849 817

07.30-20.00

Boiro-O Saltiño

Rúa Saltiño, 2-4-Abanqueiro, 15930 Boiro (A Coruña)

981 842 947

07.30-19.00

Bueu

Lugar de Balada, s/n, 36930 Bueu (Pontevedra)

986 192 181

07.30-18.00

Burela

Rúa dos Torques, s/n, 27880 Burela (Lugo)

982 581 228

07.30-18.00

Burela-Os Castros

Avda. da Mariña, nº 24-27880 Burela (Lugo)

982 581 671

07.30-18.00

Camariñas

Avda. Eugenio López, s/n, 15123 Camariñas (A Coruña)

981 736 104

07.30-18.00

Cambre-A Barcala

Rúa río Sil, Urb. A Barcala, s/n, 15660 Cambre (A Coruña)

981 650 398

07.30-18.00

Cambre-O Temple

Rúa de Francisco Añón, O Temple, 15679 Cambre (A Coruña)

981 650 445

07.30-18.00

Campo Lameiro

Rúa Chanciña, s/n, 36110 Campo Lameiro (Pontevedra)

986 752 305

08.00-18.30

Cangas-A Choupana

Rúa Choupana, nº 11, 36940 Cangas (Pontevedra)

986 304 625

07.30-18.00

Cangas-O Hío

Lugar de Cruz de Castro, s/n, O Hío 36945, Cangas (Pontevedra)

986 328 285

07.30-18.00

Carballo-A Braña

Rúa Xoana de Vega, s/n, 15100 Carballo (A Coruña)

981 755 188

07.30-20.00

Carballo-As Landras

Estrada de Razo, s/n,15100 Carballo (A Coruña)

981 755 912

07.30-18.00

Carnota

Lugar de Pedrafigueira, Lamas de Castelo 15293, Carnota

981 867 502

08.00-18.00

Carral

Rúa Alcalde Juan Seijas s/n. 15175 Carral (A Coruña)

981 671 574

08.00-18.00

Cartelle

Lugar de Outomuro, s/n, 32820 Cartelle (Ourense)

988 492 156

08.00-15.00

Castro Caldelas

Lugar do Toural s/n, 32769 Castro Caldelas (Ourense)

988 203 644

08.30-15.30

Cedeira

Rúa da Ortigueira, nº 3, 15350 Cedeira (A Coruña)

981 480 666

08.00-19.00

Cerdedo-Cotobade “Cerdedo”

Rúa das Longas, s/n, 36130 Cerdedo (Pontevedra)

986 753 476

07.30-19.00

Cerdedo-Cotobade “Tenorio”

Lugar de Lérez, s/n, Tenorio, 36120 Cotobade (Pontevedra)

986 764 339

07.30-18.00

Chantada

Parque Antigo Campo da Feira, s/n, 27500, Chantada (Lugo)

982 440 544

08.00-18.00

Coirós

Rúa de Figueiras, s/n, Lesa, 15316 Coirós (A Coruña)

981 796 653

08.00-16.30

Coles

Lugar de Gustei s/n 32950 Coles (Ourense)

988 204 466

08.30-17.00

Coristanco

Rúa Esfarrapa, s/n, 15147,Coristanco (A Coruña)

981 734 026

07.30-20.00

Covelo

Travesía de Vigo, nº 7, 36872 Covelo (Pontevedra)

986 650 120

07.30-18.00

Crecente

Rúa García Neira,11, 36420 Crecente (Pontevedra)

986 666 493

08.30-15.30

Culleredo-A Tartaruga

Rúa As Brañas, bloque 4, baixo, 15189 Culleredo (A Coruña)

981 666 666

07.30-18.00

Culleredo-Fonte da Balsa

Rúa dos Dereitos Humanos, s/n, Vilaboa, 15189 Culleredo (A Coruña)

981 612 113

07.30-18.00

Culleredo-O Burgo

Rúa Pintor Julio Fernández Argüelles, nº 2, O Burgo, 15670 Culleredo (A Coruña)

981 661 283

07.30-18.00

Curtis

Rúa de Avelar, Teixeiro, 15310 Curtis (A Coruña)

981 785 133

07.30-18.00

Dodro

Lugar de Vigo, nº 138, 15981 Dodro (A Coruña)

981 802 539

08.00-18.00

Fene

Lugar da Torre, s/n, Perlío, 15550 Fene (A Coruña)

981 344 573

07.30-18.00

Fene-Barallobre

Lugar do Carril, Barallobre, 15528, Fene (A Coruña)

981 360 180

07.30-18.00

Ferrol-Caranza

Rúa da Masaya, s/n, 15406 Ferrol (A Coruña)

981 944 281

07.30-18.00

Ferrol-Esteiro

Rúa Ramón y Cajal, s/n esq. Manuel Murguía-Esteiro, 15406, Ferrol (A Coruña)

881 952 282

07.30-20.00

Fisterra

Rúa Alcalde Fernández, s/n, 15155 Fisterra (A Coruña)

981 118 010

08.00-18.00

Forcarei

Rúa Regueira, nº 21, 36550 Forcarei (Pontevedra)

986 754 615

08.00-18.30

Foz

Avda. de Cervantes, nº 38, 27780 Foz (Lugo)

982 133 158

07.30-18.00

Gondomar

Rúa Ameixeira, Polígono 18, O Picoto, 36380 Gondomar (Pontevedra)

986 389 535

07.30-18.00

Lalín-As Pontiñas

Rúa do Parque, nº 12, 36500 Lalín (Pontevedra)

986 781 853

08.00-19.30

Lalín-Polígono 2000

Polígono Empresarial Lalín 2000, Parcela E, Rúa E, 36500 Lalín (Pontevedra)

986 794 227

07.30-19.00

Lugo

Avda. Paulo Favio Máximo s/n, 27003

982 109 038

07.30-18.00

Malpica-Aldeola

Lugar de Cortes, s/n, 15113, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

981 721 269

08.00-18.00

Marín

Barriada de San Pedro, s/n, 36900 Marín (Pontevedra)

886 095 768

07.30-18.00

Marín-Seixo

Estrada Grupo Escolar, Seixo, 36913, Marín (Pontevedra)

986 702 935

07.30-18.00

Mazaricos

Lugar da Picota, s/n, 15256 Mazaricos, (A Coruña)

981 852 033

08.00-18.00

Meira

Francisco González, s/n, 27240 Meira (Lugo)

982 330 608

08.00-18.00

Melide-As Granxas

Rúa María Barbeito, lugar de Real, s/n, 15800 Melide (A Coruña)

981 507 919

08.00-18.00

Moaña

Camiño da area nº 2-Quintela 36959 Moaña (Pontevedra)

986 315 155

08.00-18.00

Mondoñedo

Rúa de Vilalba, s/n, 27740 Mondoñedo (Lugo)

982 521 450

08.00-18.00

Moraña

Rúa 17, nº 2, Santa Lucía, 36660 Moraña (Pontevedra)

986 553 413

08.00-18.00

Mos-Coto Torrón

Lugar de Coto Torrón, s/n, Tameiga, 36415 Mos (Pontevedra)

986 190 998

07.30-18.00

Mos-Porteliña

Lugar da Porteliña, s/n, Petelos, 36416 Mos (Pontevedra)

986 337184

07.30-20.00

Mos-Veigadaña

Parque empresarial A Veigadaña-parcela CES3, 36415

986 919 055

07.30-18.00

Muíños

Rúa Laxal, s/n, Mugueimes, 32880 Muíños (Ourense)

988 456 402

08.30-15.30

Muros-Freixeiros

Rúa Freixeiros, nº 13-Esteiro, 15240 Muros (A Coruña)

981 763 789

08.00-18.00

Muxía

Rúa Castelao, nº 13-15124 Muxía (A Coruña)

981 742 313

08.30-17.00

Narón-Xuvia

Santa Rita-Xuvia, 15570, Narón (A Coruña)

981 380 090

07.30-18.00

Nigrán

Rúa do Panasco, s/n, 36350 Nigrán (Pontevedra)

986 380 424

08.00-18.00

Nogueira de Ramuín

Estrada Santiago nº16-Luíntra-32160 Nogueira de Ramuín (Ourense)

988 201 618

08.30-18.00

O Carballiño

Rúa Calvo Sotelo, nº 27, 32500 O Carballiño (Ourense)

988 274 208

07.30-19.30

O Grove

Rúa Rons, s/n. 36980 O Grove (Pontevedra)

986 732 270

08.00-18.00

O Pereiro de Aguiar

Urb. Veiga de Abaixo, nº 66, Sta. Marta de Moreiras,

32792 Pereiro de Aguiar (Ourense)

988 380 258

07.30-18.00

O Pino

Rúa Forcarei, s/n, Pedrouzo, Arca, 15821 O Pino (A Coruña)

981 511 012

08.00-20.00

O Porriño-Doantes de Sangue

Rúa Doantes de sangue, s/n. 36400 O Porriño (Pontevedra)

986 334 101

07.30-18.00

O Porriño-Torneiros

Polígono de Torneiros-Fase 3, Ribeira, 36410 O Porriño (Pontevedra)

986 344 160

07.30-18.00

O Rosal

Rúa Pías, s/n, 36770 O Rosal (Pontevedra)

986 625 121

08.00-18.00

O Valadouro

Rúa Deputación, nº 7, 27770 Ferreira do Valadouro (Lugo)

982 574 390

08.00-18.00

Oia

Lugar da Riña, s/n, 36794 Oia (Pontevedra)

986 362 326

08.00-18.00

Oímbra

Rúa Grupo Escolar, nº 16, 32613 Oímbra, Ourense

988 422 749

08.30-17.00

Oleiros-A Canteira

Rúa Cubelos, nº 24, Perillo, 15172 Oleiros (A Coruña)

981 977 921

07.30-18.00

Oleiros-A Pardela

Urb. Os Regos, Liáns, 15173 Oleiros (A Coruña)

981 631 788

07.30-18.00

Oleiros-As Galeras

Rúa J. Antonio de Sucre, nº 24, Liáns, 15173 Oleiros (A Coruña)

981 648 446

07.30-18.00

Oleiros-Mera

Paseo da Lagoa, Mera, 15178, Oleiros, A Coruña

981 617 505

07.30-18.00

Oroso

Avda. da Garabanxa, s/n, Sigüeiro, 15888, Oroso (A Coruña)

981 688 909

08.00-18.00

Ortigueira

Rúa Márquez Cortiñas, nº 21, 15330 Ortigueira (A Coruña)

981 422 517

08.00-18.00

Ourense-Barrocás

Rúa Barrocás, nº 22, 32005 Ourense

988 241 829

07.30-18.00

Ourense-Rúa Colón

Rúa Colón, nº 18-20, 32005 Ourense

988 236 426

07.30-18.00

Ourense (Centro Interxeracional)

Rúa Ramón Abellas s/n-solo sector A3-parcela E2, 32005

988 063 037

07.30-18.00

Oza-Cesuras

Lugar de Mongoño-Cortiñas, 15931, Oza-Cesuras (A Coruña)

981 785 626

08.00-18.00

Paderne de Allariz

O procedemento tramitarase na Escola Infantil de Pereiro de Aguiar: Urb. Veiga de Abaixo, nº 66, Sta. Marta de Moreiras, 32792 Pereiro de Aguiar (Ourense)

988 380 258

08.00-18.00

Pantón

Lugar do Monte Valiña, 27430 Pantón (Lugo)

982 456 511

08.00-16.30

Poio

Rúa Oliveira, nº 16, 36995 Poio (Pontevedra)

986 872 733

07.30-19.00

Ponte Caldelas

Rúa Frei Antonio Orge, s/n, 36820 Ponte Caldelas (Pontevedra)

986 750 806

08.00-18.00

Ponteceso

Avda. de Bergantiños, s/n, 15110 Ponteceso (A Coruña)

981 714 140

08.00-18.00

Pontevedra-A Parda

Rúa Domingo Sarmiento de Acuña, nº 4, 36004 Pontevedra

986 090 103

07.30-20.00

Pontevedra-Campus

Campus Universitario da Xunqueira, 36004 Pontevedra

986 802 070

07.30-18.00

Pontevedra-Monteporreiro

Rúa Luxemburgo, s/n, Monteporreiro, 36005 Pontevedra

986 090 801

07.30-20.00

Portas

Lugar da Estación, nº 34, 36658 Portas (Pontevedra)

986 686 416

08.00-18.00

Porto do Son

Rúa Campo da Atalaia, nº 7, 15970, Porto do Son (A Coruña)

664 037 154

08.00-18.00

Quiroga

Praza de España, s/n, 27320, Quiroga (Lugo)

982 438 924

08.00-16.30

Rianxo

Rúa Xosé Mª Brea Segade, nº 7, Urb. Martela, 15920 Rianxo (A Coruña)

981 860 695

08.00-20.00

Ribadavia

Rúa Carlos Casares, nº 5, 32400 Ribadavia (Ourense)

988 472 402

08.00-18.00

Rois

Lugar de Dices, s/n, 15911 Rois (A Coruña)

981 804 488

08.00-18.00

Sada

Lugar de Quintán-Mondego, 15160 Sada (A Coruña)

981 624 001

07.30-18.00

Salceda de Caselas

Rúa Ador, nº 6, 36407 Salceda de Caselas (Pontevedra)

986 340 833

08.00-18.00

Salvaterra de Miño

Rúa Lagoa, s/n 36450, Salvaterra do Miño (Pontevedra)

986 664 112

08.00-18.00

Santiago de Compostela-Castiñeiriño

Rúa Ángel Rodríguez González 44, 15702

981 119 098

08.00-20.00

Santiago de Compostela-Polígono do Tambre

Rúa das Mulas, s/n, Polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 528 705

08.00-18.30

Santiago de Compostela-San Roque

Rúa das Rodas, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 528 704

08.00-18.30

Santiago de Compostela-Tras Parlamento

Praza da Constitución, s/n, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 528 706

08.00-18.30

Silleda

Rúa Estación, s/n, 36540 Silleda (Pontevedra)

986 581 701

07.30-20.00

Sobrado

Rúa de Santiago, nº 37, 15813, Sobrado dos Monxes (A Coruña)

663 790 025

08.30-17.00

Soutomaior

Rúa Forneira, 34, Arcade 36691, Soutomaior (Pontevedra)

986 701 108

07.30-18.00

Taboada

Rúa do Conde, s/n, 27550 Taboada (Lugo)

982 465 801

08.00-18.00

Toén

Rúa Ribadela, s/n, 32930 Toén (Ourense)

988 261 254

07.30-16.00

Tomiño

Rúa Gondomar, nº 48, 36740 Tomiño (Pontevedra)

986 622 887

07.30-18.00

Tomiño-Goián

Lugar A Calle, Goián, 36750, Tomiño (Pontevedra)

986 620 385

07.30-18.00

Tui

Rúa Colón s/n 36700 Tui (Pontevedra)

986 607 149

07.30-19.30

Viana do Bolo

Rúa Nicolás Tenorio, nº 5, 32550 Viana do Bolo (Ourense)

988 329 402

08.00-16.30

Vigo-Rúa Palencia

Rúa Palencia, nº 32, 36202 Vigo (Pontevedra)

986 267 794

07.30-18.00

Vigo-Valadares

Parque Tecnolóxico de Valadares, Parcela 16 A,

36158 Vigo (Pontevedra)

886 092 307

07.30-18.00

Vila de Cruces

Avda. da Residencia, s/n, 36590 Vila de Cruces (Pontevedra)

986 582 327

08.00-18.00

Vilaboa

Lugar do Toural s/n, 36141 Vilaboa (Pontevedra)

986 090 149

07.30-18.00

Vilagarcía de Arousa-O Carril

Rúa dos Anxos, s/n, O Carril, 36619 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

986 503 122

07.30-18.00

Vilagarcía de Arousa-Vilaxoán

El procedimiento se tramitará en: rúa dos Anxos, s/n, O Carril, 36619 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

986 503 122

07.30-18.00

Vilalba

Rúa de Abadín, s/n, 27800 Vilalba, Lugo

982 512 864

08.00-20.00

Vilamarín

Avda. de Santiago Apóstol, nº 7, 32101 Vilamarín (Ourense)

988 286 214

08.00-16.30

Vilamartín de Valdeorras

Estrada Novo Acceso a Valdegodos, s/n, 32340 Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

988 300 324

08.00-17.30

Xinzo de Limia

Camiño Rosalía de Castro, s/n, 32630 Xinzo de Limia (Ourense)

988 461 049

08.00-20.00

Xunqueira de Ambía

Rúa Duque de Ahumada, nº 11, 32670 Xunqueira de Ambía (Ourense)

988 436 374

09.00-16.00

Zas

Travesía de Santiago, nº 38, 15850 Zas (A Coruña)

981 751 451

08.00-18.00

*Os horarios ofertados para o curso escolar 2020/21 teñen carácter orientativo e pode solicitarse un horario distinto ao establecido en función das necesidades das persoas usuarias, con independencia da súa posible modificación de conformidade co previsto no artigo 4 desta resolución e no artigo 25 do Regulamento do réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

ANEXO VIII

Relación de escolas infantís que ofertan prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0-3 anos en escolas de titularidade privada para o curso 2020/21

Entidade

Centro

Enderezo

Concello

Provincia

Grupo idade

Nº prazas

A Coruña

G Matogrande, S.L.

Escola infantil Pequerrechos Cambre

Constitución 11-13

P. Marítimo O Graxal

15670 Cambre

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

16

A Fraga Encantada, S.C.

Escola infantil A Fraga Encantada

Pintor Lucio Muñoz, 3-B

15660 Cambre

A Coruña

0-1

4

1-2

10

2-3

20

Amelia Barallobre Carreira

Xardín de Infancia Chiquitín

Celso Emilio Ferreiro, 29-B O Temple

15679 Cambre

A Coruña

0-1

1

1-2

5

2-3

5

Escola infantil Trasnos, S.L.

Escola infantil Trasnos

Castellana, 87

15660 Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

13

2-3

15

Dana Coruña, S.L.

Escola infantil Dana

Pozo, 11 baixo

15005 A Coruña

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

6

Santiago de Compostela

María Belén Muiña Romay

Escola infantil Piolín de Ames

Urbanización Palmeras-Bertamiráns

15220 Ames

A Coruña

0-1

3

1-2

4

2-3

23

Sociedade Santa Apolonia, S.L.

Escola infantil Santa Apolonia II

A Rocha, Poza Real, 2

15706 Santiago de Compostela

A Coruña

0-1

5

1-2

5

2-3

5

Ferrol

Lendo e Crecendo, S.L.

Escola infantil Os Pequerrechos de Ferrol

Praza de España, 7 B-baixo

15403 Ferrol

A Coruña

0-1

2

1-2

4

2-3

4

Lugo

Escola infantil Gliemmo, Vilariño y Pizzo, S.L.

Escola infantil Pepa Vagalume

Agro da Torna, 16-baixo

27002 Lugo

Lugo

0-1

5

1-2

5

2-3

10

Monforte de Lemos

Diego Rosales Galiñanes

Escola Infantil San Vicente de Paúl

Eduardo Pondal s/n

27080 Monforte de Lemos

Lugo

0-1

-

1-2

-

2-3

10

Ourense

Colegio Infantil Los Tilos, S.L.

Escola infantil Los Tilos

Alfredo Brañas, 62-A

32001 Ourense

Ourense

0-1

8

1-2

12

2-3

16

Lazos Colexio Infantil, S.L.

Escola infantil Lazos

Irmáns da Xesta, 2-B

32002 Ourense

Ourense

0-1

-

1-2

1

2-3

1

Escola Infantil Lecer, S.L.

Escola infantil Lecer

Travesía de Portocarreiro 10-12

32003 Ourense

Ourense

0-1

2

1-2

9

2-3

9

Pontevedra

Asociación G Laboral Pipo

Escola infantil Pipo de Lérez

Pasarón, 3

36005 Pontevedra

Pontevedra

0-1

3

1-2

10

2-3

10

Parrulos, S.L.

Escola infantil Parrulos de Pontevedra

Pr. Fermín Bouza Brey, 1-B

36004 Pontevedra

Pontevedra

0-1

1

1-2

3

2-3

3

Escola infantil Bamby, S.L.U.

Escola infantil Bamby

San Roque de Abaixo, 1

36001 Pontevedra

Pontevedra

0-1

2

1-2

9

2-3

10

Vigo

Asociación Educativa Dalila

Escola infantil Integral Dalila Cangas

Lisboa, 1-B

36940 Cangas

Pontevedra

0-1

7

1-2

17

2-3

17

Caracolandia, S.l.

Escola infantil Caracol de Cangas

Paz, 10- Local 2

36940 Cangas

Pontevedra

0-1

7

1-2

20

2-3

20

C. Educación Infantil Esme, S.L.

C. Educación Infantil O Xardín

Ramón Couto, 27

36203 Vigo

Pontevedra

0-1

2

1-2

15

2-3

20

C. Educación Infantil O Xardín Hispanidad, S.L.

C. Educación Infantil

O Xardín Hispanidad

Hispanidade, 46 Romil 57A

36203 Vigo

Pontevedra

0-1

2

1-2

15

2-3

17

Navuxil, S.L.

E I 0-3 Navuxil

Navuxil, s/n

36400 O Porriño

Pontevedra

0-1

1

1-2

5

2-3

10