Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 15 de maio de 2020 Páx. 20372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 26 de febreiro de 2020, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Ares, por parte do Concello de Ares, con destino á construción de nave para depósito de embarcacións deportivas e escola municipal náutico-deportiva.

O alcalde do Concello de Ares con DNI 32649797D, solicita unha concesión administrativa para ocupación de dominio público portuario con destino á construción de nave para depósito de embarcacións deportivas e escola municipal náutico-deportiva no porto de Ares.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 26 de febreiro de 2020

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte