Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 15 de maio de 2020 Páx. 20362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 24 de abril de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2016/1237-1).

Expediente: IN407A 2016/1237-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 ao recuamento do CT Cereixo.

Concello: Vimianzo.

Características técnicas:

– LMTS a 15 kV de 27 m, condutor tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, con orixe no paso A/S proxectado no apoio número 42-2 existente da liña DVM-805 (liña Allo) e remate no CTC proxectado.

– Novo CTC Cereixo prefabricado cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P (1 en reserva).

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

De acordo co establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o este real decreto ou, se for o caso, as súas prórrogas.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se poida practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 24 de abril de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1237-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 ao recuamento do CT Cereixo.

Concello: Vimianzo.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Paraxe: O Bosque-referencia catastral: polígono 023/parcela 46.

Cultivo: monte alto.

Propietario: José Santos Tajes.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 42-2 (paso A/S) centro de transformación: caseta+acceso.

• m²: 59,0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais soterrados: 9,0.

• m² soterrados: 14,0.