Expediente-e: IN407A 2019/213-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: recuamento da LMTS e previsión de canalizacións na rúa da Ponte.
Concello: Sada.
Feitos:
1. O 4 de novembro de 2019, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da devandita instalación de distribución eléctrica.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade coas condicións establecidas polo Concello de Sada e pola resolución do Servizo de Xestión Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña. No día de hoxe non consta no expediente resposta do organismo afectado, isto é, Augas de Galicia, á solicitude nin á reiteración das condicións solicitadas.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a devandita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 á 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 á 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
7. As características técnicas da instalación son as seguintes:
– Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 0,138 km, con orixe en cela de liña existente no CT Terraza (expediente 41/2009), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1x240 Al) e remate en empalmes proxectados na LMTS PED704, no treito entre o CT Linares Rivas 29-31 (expediente 251/1997) e o CT Terraza (expediente 41/2009).
– Desmantelamento de 137 m de liña en condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1x240 Al) entre o CT Terraza e o punto de acceso onde se realizarán os empalmes proxectados.
8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
De acordo co establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as súas prórrogas.
Igualmente, de acordo co establecido na disposición adicional cuarta do devandito real decreto, os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito quedarán suspendidos durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, se é o caso, das prórrogas que se adoptaren.
Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 24 de abril de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña