Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 11 de maio de 2020 Páx. 19833

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 19/2020 BPB).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 19/2020

Xulgado de orixe/autos: DOI despedimento obxectivo individual 163/2019 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Edicto.

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 19/2020 desta sección, seguido por instancia de Andrea Cerdeira Fernández contra Sistemas de Televisión Galega, S.L., Inmohevana, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Resolvemos

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da traballadora Andrea Cerdeira Fernández contra a sentenza do 24 de xuño de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en proceso por despedimento promovido pola recorrente contra as empresas Inmohevana, S.L. e Galega de Televisión, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Inmohevana, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza