Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 30 de abril de 2020 Páx. 18943

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido practicar a notificación (expediente 2375/2018).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse practicar as notificacións do expediente (ao ser o propietario descoñecido), faise pública a presente resolución, para comparecencia dos interesados:

Providencia da Alcaldía. Inicio de execución forzosa-execución subsidiaria (trámite de audiencia). Expediente 2375/2018.

Antecedentes.

O 6 de xuño de 2019 ditouse orde de execución que ordenaba a execución dos traballos necesarios para a xestión da biomasa vexetal da parcela sita na Requeixada, Santo André de Cesar, Caldas de Reis (referencia catastral 36005A042001530000TF).

O titular da parcela figura como descoñecido, polo que as notificacións se practicaron a través de anuncios no BOE e no DOG, respectivamente.

O 23 de decembro de 2019 acordouse iniciar a execución forzosa mediante execución subsidiaria á custa do interesado e requiriuse a emisión de informe de valoración do custo dos traballos aos servizos municipais competentes.

O 6 de marzo de 2020 incorpórase ao expediente o orzamento dos traballos de limpeza da parcela por importe de 2.930,00 € máis IVE (21 %).

O asesor xurídico emite informe o 16 de abril de 2020

Fundamentos de dereito.

Visto o disposto nos artigos 99 e 100 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, relativo á execución forzosa dos actos administrativos, mediante a execución subsidiaria pola Administración local á custa do interesado, en aplicación do establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sen prexuízo da posibilidade de iniciación do correspondente expediente sancionador, coa imposición da multa que corresponda segundo a lexislación aplicable.

E en exercicio das atribucións recoñecidas nos artigos 21.1.k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e á vista dos antecedentes que figuran no expediente, dito a presente providencia:

Primeiro. Dáse conta da valoración dos traballos de xestión da biomasa vexetal da parcela sita na Requeixada (Nartallo) Santo André de Cesar, Caldas de Reis (referencia catastral 36005A042001530000TF), que serán realizados polo Concello, en execución subsidiaria da Orde do 6 de xuño de 2019, á custa do interesado (actualmente descoñecido), e que se cuantifican provisionalmente nun total e 2.930,00 € máis IVE (21 %). Concédese un (*) prazo de dez (10) días de audiencia, para que calquera interesado poida presentar os escritos ou alegacións que considere oportunos, previamente á súa aprobación e inicio das actuacións materiais de execución forzosa.

Segundo. Notifíquese o presente a través de anuncios no BOE e no DOG ao ser o propietario da parcela descoñecido, conforme o establecido nos artigos 40 a 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para os efectos oportunos.

Contra o presente acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

(*) Aviso importante. En virtude da disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establécese a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Soamente se renovará o cómputo dos prazos unha vez que o real decreto perda a súa vixencia ou a perdan as prórrogas que se realicen sobre este.

Caldas de Reis, 22 de abril de 2020

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente