Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 29 de abril de 2020 Páx. 18900

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (149/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 149/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Fuentes del Río contra Candal Bouzal, S.L., Fondo de Garantía Salarial, José Antonio Candal Bouzas, O Lagar de José, S.L. e O Pote de Santa Cruz, S.L., sobre despedimento, se ditou Resolución do 30 de marzo de 2020 contra a que se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Así mesmo, unha vez notificada a anterior resolución ás partes, fáiselles saber a suspensión do prazo para recorrer, en virtude da disposición adicional segunda (suspensión de prazos procesuais) do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ao ter o presente procedemento o carácter de aprazable ao non estar a súa modalidade comprendida na disposición adicional segunda do Real decreto 463/2020 e a delimitación que dos servizos esenciais efectúa o CXPX na Instrución do 16 de marzo de 2020.

E para que sirva de notificación en legal forma a Candal Bouzal, S.L., José Antonio Candal Bouzas e O Pote de Santa Cruz, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza