Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 29 de abril de 2020 Páx. 18901

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 5/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 5/2020, seguido por instancia de Damián Caamaño Ronquete contra Naked Room, S.L., sobre execución de sentenza ditada no procedemento PO 431/2019, foron ditados auto despachando execución e decreto de embargo, ambos con data 11.3.2020, e contra os cales se pode interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Naked Room, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza