Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 27 de abril de 2020 Páx. 18762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2019/178-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS SDM704 a CS Camiño dos Carreiros.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-30 con orixe no apoio existente e final no apoio de celosía proxectado (C-1000-12), retensado de van.

LMT subterránea (actuación 1) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 25 metros de lonxitude con orixe no CS Camiño Vello e final no apoio de celosía proxectado (C-1000-12). LMT subterránea (actuación 2) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 620 metros de lonxitude con orixe no CS Camiño Vello e final no CS proxectado Camiño dos Carreiros. LMT subterránea (actuación 3) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 108 metros de lonxitude con orixe no CS proxectado Camiño dos Carreiros e final no empalme coa LMTS existente no nodo G. LMT subterránea (actuación 4) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 123 metros de lonxitude con orixe no CS proxectado Camiño dos Carreiros e final no PAS proxectado no apoio existente (H-630-11). Centro de seccionamento situado no Camiño dos Carreiros, Vigo (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente. Consonte o establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o prazo indicado non comezará a contar ata a perda de vixencia do referido real decreto ou, de ser ocaso, as súas prórrogas en relación coa suspensión de prazos administrativos.

Pontevedra, 3 de abril de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra