Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 24 de abril de 2020 Páx. 18700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a General Ganadera del Norte, S.L. para unha explotación porcina de ceba de porcos situada no lugar Finca Abelar I, parroquia de Vizoño, no concello de Abegondo (expediente 2019-IPPC-M-82).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Revisión da Autorización Ambiental Integrada. General Ganadera del Norte, S.L.-Abelar I.

Non obstante o anterior, e de conformidade coa disposición adicional terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o inicio do prazo comezará a computar no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola dita disposición ou as súas eventuais prórrogas.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-82.

Número da autorización ambiental integrada: 2007/0030_NAA/IPPC_197.

Titular: General Ganadera del Norte, S.L.

NIF: B40164352.

Localización da instalación: lugar Finca Abelar I, parroquia de Vizoño, 15318 Abegondo (A Coruña). Referencia catastral da parcela: 15001A045003160000JE.

Actividade principal: explotación porcina de ceba.

Descrición: a explotación cambiou a súa orientación zootécnica áa ceba de porcos, atopándose en fase de adaptación de todas as naves para tal destino, pois, segundo o autorizado, tratábase dunha explotación porcina de produción de tipo mixto (parte dos leitóns nados nesta explotación destinábanse á ceba noutras explotacións e outra parte dos animais permanecía na explotación para a súa ceba completa).

Tras a adaptación total, a explotación constituirá un núcleo de 9 naves cunha capacidade máxima para 7.716 prazas para porcos de ceba. A explotación conta cunha balsa exterior para o almacenamento de xurros, para a cal se presenta unha proposta de cubrición consistente en instalar unha cuberta flexible sustentada por unha estrutura metálica.

Os leitóns chegan á explotación aos 2 meses de vida cuns 20 kg e permanecen nesta 4 meses, ata acadar os 100-110 kg de peso vivo, tras o cal son enviados ao matadoiro.

Verteduras: as augas de limpeza das instalacións e as augas sanitarias xeradas nos aseos e vestiarios serán enviadas xunto cos xurros producidos na explotación á balsa de almacenamento de xurros exterior para a súa posterior valorización en parcelas agrícolas. As augas pluviais incorpóranse directamente ao medio.