Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 24 de abril de 2020 Páx. 18721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Corrección de erros da Resolución do 24 de marzo de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea M.V.I.

Advertidos erros na citada corrección da resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 71, do 14 de abril de 2020, procédese á corrección dos ditos erros, de modo que, na páxina 18243, se procede a substituír a corrección de erros pola seguinte:

Onde di: «Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 4 de marzo de 2020», debe dicir: «Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 58, do martes 24 de marzo de 2020».

E onde di: «Novos titulares: Mª Dolores Pérez Pérez (***7924**) e Jorge Pérez Pérez (***7760**)», debe dicir: «Novos titulares: Mª Dolores Pérez Cancelas (***7924**) e Jorge Pérez Pérez (***7760**)».