Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 24 de abril de 2020 Páx. 18718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2019/50 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, parcela U2, rúa Ramón María Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: normalización CD 14654 COPE (Lugo).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Liña aérea de media tensión Gapsa 1 tramo P9-P10A, con orixe no apoio P9 existente da LMT existente Gapsa 1 e final no apoio proxectado P10A tipo C-4500-12 da LMT aérea existente Gapsa 1, cunha lonxitude de 58 metros en condutor LA-110 existente.

• Liña aérea de media tensión Tablicia tramo P10A-P10, con orixe no apoio P10-A proxectado da LMT existente Gapsa 1 e final no apoio P10 existente da LMT aérea existente Tablicia, cunha lonxitude de 16 metros en condutor LA-56.

• Liña soterrada de media tensión Gapsa 1, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado P10A da LMT existente Gapsa 1 e final no CT proxectado COPE, cunha lonxitude de 25 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña soterrada de media tensión Tablicia, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado P10A da LMT existente Gapsa 1 e final no CT proxectado COPE, cunha lonxitude de 25 metros en condutor RHZ1-240.

• Centro de transformación prefabricado COPE, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000-400-230 V.

• Liña soterrada de baixa tensión do CT COPE circuíto 1, con orixe no cadro de baixa tensión do CT e final na antena emisora COPE, cunha lonxitude de 10 metros en XZ1-50.

• Liña soterrada de baixa tensión do CT COPE circuíto 2, con orixe no cadro de baixa tensión do CT e final na RBT existente, cunha lonxitude de 35 metros en XZ1-95.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310); no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310); no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

De conformidade co establecido na disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo lo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o referido prazo para a interposición do recurso, segundo o disposto na resolución, computarase dende o día seguinte hábil á data de finalización da declaración do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrese desde a notificación da actuación administrativa obxecto do recurso ou impugnación con anterioridade á declaración do estado de alarma.

O antedito enténdese sen prexuízo da eficacia e executividade do acto administrativo obxecto de recurso ou impugnación.

Lugo, 14 de abril de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo