Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 20 de abril de 2020 Páx. 18532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2019/203-1).

Expediente: IN407A 2019/203-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LAT 66 KV Formarís-E-S de Finsa II-Sigüeiro.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O 14 de outubro de 2019, o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Polo Acordo do 20 de novembro de 2019 desta xefatura territorial someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, publicándose a dita resolución no Diario Oficial de Galicia o día 11 de decembro de 2019 e no Boletín Oficial da provincia o día 26 de novembro de 2019. No expediente non consta ningunha alegación.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Actuación nº 1: liña soterrada a 66 kV, con orixe no apoio proxectado nº 20N PAS, a intercalar na liña LAT 66kV Finsa-Sigüeiro, en que se instalará un PAS, e final na cela de liña da nova subtestación Formarís (expediente 2019/204-1), cunha lonxitude de 301 m en condutor RHZ1-2OL (S) 36/66 kV 1×630 mm² Al + H165.

– Actuación nº 2: liña soterrada a 66 kV, con orixe en cela de liña da nova subtestación Formarís (expediente 2019/204-1) e final no apoio proxectado nº 21N PAS (que substitúe o apoio nº 21), que se intercalará na liña LAT 66kV Finsa-Sigüeiro, cunha lonxitude de 375 m en condutor RHZ1-2OL (S) 36/66 kV 1×630 mm² Al + H165.

– Desmantelamento do tramo de liña entre os novos apoios 20N PAS e 21N PAS, de 93,67 m de lonxitude.

– Coordenadas dos novos apoios UTM.

20N PAS X: 541.116 Y: 4.751.494.

21N PAS X: 541.293 Y: 4.751.662.

FUSO 29.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 547.010,63 €.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado, resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal achegará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.

A Coruña, 26 de marzo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña