Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 17 de abril de 2020 Páx. 18466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial PS-2, área científico-tecnolóxica 1, en desenvolvemento do Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA, no concello de Vigo.

De conformidade co previsto no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública durante o prazo dun mes o proxecto sectorial PS-2, área científico-tecnolóxica 1, en desenvolvemento do Plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da ETEA, no concello de Vigo.

Malia o anterior, e de conformidade co establecido nas disposicións adicionais terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, polo que o cómputo do prazo de 1 mes comezará no momento en que perda vixencia o real decreto sinalado ou, de ser o caso, as súas prórrogas.

A partir desa data, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela ou, xa desde este momento, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da seguinte ligazón https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_SX_de_Organizacion_do_Territorio_e_Urbanismo?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html, e presentar as alegacións, documentos e xustificacións que se consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2020

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
P.S. (Resolución do 30.3.2020)
Eduardo Sobrino Rodríguez
Subdirector xeral de Urbanismo