Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 17 de abril de 2020 Páx. 18467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha planta de procesamento de leite no polígono industrial de Teixeiro, concello de Curtis (A Coruña). Titular: Inleit Ingredients, S.L.

Conforme o disposto no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada por Inleit Ingredients, S.L. para solicitar a autorización ambiental integrada da planta referida no encabezamento, co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/→medio ambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-I-140.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.c, do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Inleit Ingredients, S.L.

Enderezo da instalación: polígono industrial de Teixeiro, rúa E, s/n, 15310 Curtis, A Coruña (parcelas ref. 0485414NH8708N0000BT, 15032A023005200000DP).

Actividade principal: planta de procesamento de leite.

Verteduras: as augas sanitarias e pluviais, divididas en tres canles de recepción, vértense á rede de saneamento do polígono industrial. As augas residuais industriais diríxense á estación depuradora de augas residuais da planta para seren tratadas antes da súa incorporación ao río Mandeo.