Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 15 de abril de 2020 Páx. 18352

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Negreira

EDICTO (524/2019).

Mercedes Rodríguez Fraga, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Negreira, dá fe de que no procedemento de referencia, seguido ante este xulgado por instancia de Clara Guillermina Luis González fronte a Jorge Eduardo Tedes Quito, se ditou Sentenza número 26, do 25 de febreiro de 2020.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso interpoñerase ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, expoñendo as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e con expresión dos pronunciamentos que impugna.

En atención ao descoñecemento do actual domicilio do demandado Jorge Eduardo Tedes Quito, de acordo co disposto no artigo 497.2 da LAC, acordouse notificarlle a sentenza por medio deste edicto, e fáiselle saber que esta se atopa á súa disposición neste xulgado.

Este edicto cumpre coas condicións de publicación establecidas na Instrución 6/12 da secretaria xeral da Administración de xustiza.

E para que así conste, expido este edicto.

Negreira, 27 de febreiro de 2020

Mercedes Rodríguez Fraga
Letrada da Administración de xustiza