Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 233/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 233/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Sánchez Gómez contra Cityhouse Los Tilos, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é de tenor literal seguinte:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Cityhouse Los Tilos, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 3.744,95 euros en concepto de principal (3.304,90 euros en concepto de salarios e indemnización, 440,05 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 374,49 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cityhouse Los Tilos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza