Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18085

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 541/2019-MA).

Eu,Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 541/2019 por instancia de Driss Ghalem contra Sacyr, S.A. e Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., sobre DSP, nos cales se ditou sentenza en data 3 de febreiro de 2020, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión

Estímase parcialmente a demanda formulada por Driss Ghalem fronte ás empresas Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. e Sacyr, S.A. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. ao traballador.

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Condénase a Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. a aboarlle a Hicham Abdelouahd a cantidade de seiscentos trinta e sete euros con sesenta e sete céntimos de euro (637,67 euros) en concepto de indemnización.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e farase constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza