De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 10 de outubro de 2019, do proxecto de ampliación de explotación avícola para ceba de pavos con capacidade para 39.950 aves no lugar de San Fiz, na parroquia de San Fiz de Vilapedre, no concello de Sarria (Lugo) promovido por María Amor Rodríguez Vázquez.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático