Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do emprazamento no procedemento xudicial abreviado 416/2019-C do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, derivado do expediente sancionador IN635C/2018/137-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o emprazamento ordenado polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, para que poida comparecer como demandado no procedemento abreviado 416/2019-C, que deriva do expediente sancionador por infracción en materia de industria IN635C/2018/137-4, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para recoller ese emprazamento nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 11 de marzo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada:

DNI: 35322241Z.

Acto notificado: emprazamento do Xulgado Contencioso-Administrativo numero 1 de Pontevedra para presentarse como demandado no procedemento abreviado 416/2019-C.

Expediente de infracción administrativa en materia de industria: IN635C/2018/137-4.