Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18035

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020 pola que se actualizan os anexos da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se regulan os medios de comprobación do valor dos bens inmobles que se utilizarán, dos previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como a normativa técnica xeral.

A través desta resolución modifícase á baixa o coeficiente que se aplicará en seis concellos galegos nos cales se procedeu a unha revisión de relatorio catastral con efectos de 2020. Con esta modificación compénsase a variación á alza na base de aplicación do coeficiente como consecuencia da revisión do relatorio, de modo que o coeficiente se axusta aos novos valores de mercado e as cotas resultantes non varían respecto ao exercicio precedente.

Para o resto de concellos, a Dirección Xeral do Catastro aplica a actualización que se prevé na correspondente lei de orzamentos, que para 2020 é de valor 1 (mantéñense os valores catastrais do exercicio anterior), polo que non houbo novo cálculo e mantivéronse os coeficientes da Orde do 17 de abril de 2017.

De acordo co anterior, e en aplicación da normativa técnica regulada na Orde do 28 de decembro de 2015, procede actualizar os valores recollidos nos correspondentes anexos.

Por todo iso, conforme o exposto, de acordo co establecido na disposición derradeira primeira da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se regulan os medios de comprobación do valor dos bens inmobles que se utilizarán, dos previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como a normativa técnica xeral,

RESOLVO:

Primeiro

Modifícanse os coeficientes do anexo II da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se regulan os medios de comprobación do valor dos bens inmobles que se utilizarán, dos previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, para os municipios de Camariñas, Laxe, Pontedeume, Sada, Sober e Vilamarín.

Segundo. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación e aplicarase aos feitos impoñibles dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e sobre sucesións e doazóns que se devindiquen desde o 1 de xaneiro de 2020.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

María Vitoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO II

Código concello

Concello

Ano relatorio

Coeficiente sobre valor  catastral

15016

Camariñas

2019

1,5

15040

Laxe

2019

1,5

15069

Pontedeume

2019

1,4

15075

Sada

2019

1,2

27059

Sober

2019

1,5

32087

Vilamarín

2019

1,5