Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 7 de abril de 2020 Páx. 17976

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 562/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 562/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Rocío Fernández Castiñeiras contra Eurofrut Santiago, S.L., Luis Alberto Pombo Fernández e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de María del Rocío Fernández Castiñeiras contra a entidade Eurofrut Santiago, S.L., o seu administrador concursal Luis Alberto Pombo Fernández e Fogasa e, en consecuencia, debo:

– Declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral na data da sentenza.

– Condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a suma de 9.659,61 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución,

– Condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe á traballadora os salarios de tramitación dende a data en que se produciu o despedimento (28.6.2019) ata a da presente sentenza (28.2.2020), que declara extinguida a relación laboral, a razón de 39,92 euros/diarios.

– Debo condenar e condeno a Luis Alberto Pombo Fernández a se ater ás anteriores declaracións e condenas, na súa soa condición de administrador concursal de Eurofrut Santiago, S.L.

– Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596, clave 65, e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurofrut Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza