Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 7 de abril de 2020 Páx. 17973

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1016/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1016/2016, por instancia de Mónica Rabina González, contra a empresa Anseris Hostelería, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre indemnización de danos e perdas, en que se ditou sentenza en data 20.2.2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Mónica Rabina González fronte á empresa Anseris Hostelería, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia.

– Condénase a empresa Anseris Hostelería, S.L. a aboar a Mónica Rabina González a cantidade de oito mil seiscentos corenta e oito euros con corenta e dous céntimos de euro (8.648,42 euros) en concepto de indemnización por accidente de traballo.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o que abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Anseris Hostelería, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza