Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 7 de abril de 2020 Páx. 18010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Desteriz a favor dos/das veciños/as de Desteriz, no concello de Padrenda.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 6 de novembro de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Desteriz.

Superficie: 3.220 m2.

Pertenza: veciños/as de Desteriz.

Concello: Padrenda.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Zona 1: integrada, con base en datos da oficina virtual do Catastro, por catro parcelas:

– 000805800NG66F0001FH: clase urbana e uso industrial, cunha superficie de 176 m2.

– 32057A013007220000QM: clase rústica e uso agrario, cunha superficie de 170 m2.

– 32057A013007210000QF: clase rústica e uso agrario de 329 m2.

– 000806000NG66F0001TH: clase urbana e uso residencial, cunha superficie de 216 m2.

A superficie total que se clasifica na zona 1 é de 891 m2.

No seguinte cadro indícanse as parcelas que compoñen a zona 1 cos seus lindeiros:

Parcelas a clasificar

Lindeiros

Parcela

Polígono

Referencia catastral

Superficie (m2)

Zona 1

000805800NG66F0001FH

176

Norte

9008 (camiño)

13

32057A013007220000QM

170

Leste

587 e 577

32057A013007210000QF

329

Sur

723, 9008, 586, 585 e 700

000806000NG66F0001TH

216

Oeste

720 e 704

891 m2

Zona 2: segundo datos da oficina virtual de Catastro comprendería:

A parcela 182 do polígono 35 (referencia catastral 32057A035001820000QL), clase rústica e uso agrario cunha superficie de 1.277 m2.

Parte da parcela con referencia catastral 001805700NG66F: 52 m2, clase urbana, uso comercial e identificada coa referencia 001805700NG66F0001JH.

A superficie total a clasificar na zona 2 é de 2.329 m2.

No seguinte cadro indícanse as parcelas que conforman a zona 2 cos seus lindeiros:

Parcelas a clasificar

Lindeiros

Parcela

Polígono

Referencia catastral

Superficie (m2)

Zona 2

32057A035001820000QL

1.277

Norte

9001 (estrada OU-410) e 001301100NG66F (parcela catastral con varios inmobles)

35

001805700NG66F0001JH

52

Leste e sur

45, 193, 192, 191, 190, 189, 188 e 187

Oeste

001805700NG66F (parte)

2.329 m2

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que estimen convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de febreiro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense