Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 7 de abril de 2020 Páx. 18008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas 29732 e sete máis.

Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51 , 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Pontevedra, 9 de marzo de 2020

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data requerimento

29732

Y2119279G

3.1.2020

29733

GW0407571

19.12.2019

29757

Y7229642C

19.12.2019

30322

G1740201

30.12.2019

30370

118632645 (representante: 54429924X)

9.1.2020

30259

A06493180

14.1.2020

30858

Y6567959R

21.1.2020

33414

YW5030549

9.1.2020