Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 6 de abril de 2020 Páx. 17907

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3606/2019-RMR).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3606/2019 seguido por instancia de Mutua Asepeyo e Petru Silvestru Patraucean contra Instituto Nacional da Seguridade Social sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimando totalmente os recursos de suplicación interpostos por Petru Silvestru Patrucean e pola mutua colaboradora da Seguridade Social Asepeyo, ambos os recursos de suplicación contra a Sentenza do 23 de xaneiro de 2019 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia de Petru Silvestru Patrucean contra a entidade mercantil Servicios Forestales Dacar, Sociedad Limitada, José Carlos Martíns Gonçalves, a mutua colaboradora da Seguridade Social Asepeyo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente e, en consecuencia, condénase á mutua colaboradora da Seguridade Social Asepeyo ás custas da suplicación, fixando en 601 euros os honorarios do letrado de Petru Silvestru Patrucean.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Carlos Martins Gonçalves en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza