A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
DISPÓN
1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase, de ser o caso, co IVE incluído.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo
ANEXO
Christian Villamide. In Landscape Mode. 16 €.