Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 6 de abril de 2020 Páx. 17918

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 299/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 299/2018 deste xulgado do social se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 299/2018, sendo parte neles, como demandante, María Montserrat Cajide Roca, representada polo letrado Sr. Blanco Lobeiras e, como demandadas, Mafiar, S.C., Aroa Chaudarcas Martínez, que non comparecen malia a súa citación en legal forma, María José Martínez Alvariño e Inmaculada Alvariño Pena, asistidas do letrado Sr. Granja Vila, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, sobre a base dos seguintes:

Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta por María Montserrat Cajide Roca fronte a Mafiar, S.C., Aroa Chaudarcas Martínez, María José Martínez Alvariño e Inmaculada Alvariño Pena, con condena solidaria das codemandadas a aboarlle á demandante a cantidade de 4.886,66 euros, co 10 % de xuro por mora.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non posúa o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. Poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mafiar, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza