Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 31 de marzo de 2020 Páx. 17660

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial dun estudo de detalle.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Guitiriz do 4.3.2020 aprobouse inicialmente o estudo de detalle da parcela 9019511NH8891N0001FB situada na avenida da Coruña, 120, Lagostelle (Guitiriz) co obxecto de ordenar o volume edificable e concretar as condicións estéticas e de composición de acordo coas especificacións do plan, previo á licenza de construción de vivenda unifamiliar.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Así mesmo, estará ao dispor dos interesados/as na sede electrónica do Concello de Guitiriz e notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Guitiriz, 5 de marzo de 2020

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa