Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 31 de marzo de 2020 Páx. 17661

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cuma Val do Arnego, S. Coop. Galega

ANUNCIO de balance de liquidación e extinción de cooperativa.

Na asemblea xeral extraordinaria celebrada ás 12.00 horas o día 10 de marzo de 2020, acordouse por unanimidade a liquidación da cooperativa e aprobouse o seguinte balance final de liquidación:

Total activo: tesouraría 2.143,49 €.

Total pasivo: fondos propios 2.143,49 €.

O proxecto de distribución aprobado na dita xunta, unha vez dotadas as provisións de gastos necesarios, recolle unha distribución do activo da cooperativa a favor dos seus socios na parte proporcional que a cada un corresponda.

Cercio, 10 de marzo de 2020

Rosa María Fernández González
Liquidadora