Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 31 de marzo de 2020 Páx. 17643

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 595/2019).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento sobre despedimentos/cesamentos en xeral 595/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Ángel Pintos Lueiro contra a empresa Amilaxa Servicios Generales, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimando integramente as demandas interpostas por Manuel Ángel Pintos Lueiro contra Amilaxa Servicios Generales, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a mercantil demandada Amilaxa Servicios Generales, S.L. por incumprimento contractual grave imputable á mercantil demandada; condenando a demandada a aterse á dita declaración.

2. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada Amilaxa Servicios Generales, S.L. con data de efectos o 13 de setembro de 2019, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo dito despedimento por non ser realizable a readmisión; condenando a demandada a aterse á dita declaración.

3. Debo condenar e condeno a mercantil demandada Amilaxa Servicios Generales, S.L. a que lle aboe ao demandante a suma de 5.490,98 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual a data da presente resolución; a suma de 4.655 euros brutos en concepto de salarios debidos até o despedimento, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación até a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e a suma de 6.059,68 euros en concepto salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento até a data de extinción da relación laboral na presente resolución, sen prexuízo dos descontos que, se for o caso, procedan respecto da dita suma en fase de execución de sentenza, en relación coas prestacións por desemprego ou pola colocación do demandante durante o dito período de salarios de tramitación en función do salario que estea percibindo no seu novo emprego; condenando, así mesmo, os administradores concursais demandados a aterse ás ditas declaracións e condenas na súa condición de tales administradores concursais.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte á ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza