Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17449

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (DSP 852/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 852/2019, seguido por instancia de Carlos Pérez Dopeso contra María Mercedes Sánchez Blanco sobre despedimento, se ditou sentenza número 101/2020, de data do 21 de febreiro, estimando a demanda e contra a que non cabe interpoñer recurso ningún. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Mercedes Sánchez Blanco, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, o cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza