Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 26 de marzo de 2020 Páx. 17386

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (PO 165/2017).

Eu, Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Bankia, S.A. fronte a Servilimant Galicia, S.L. e Luis Gañete Núñez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor seguinte:

Sentenza.

A Estrada, 26 de novembro de 2018.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos co número 165/2017 por instancia da entidade mercantil Bankia, S.A., representada polo procurador dos tribunais Sr. Gallego Martín-Esperanza e asistida pola letrada Sra. Moure Iglesias, contra a tamén mercantil Servilimant Galicia, S.L. e Luis Gañete Núñez, que foron declarados en situación de rebeldía procesual. Versa sobre resolución de contrato de arrendamento financeiro ou leasing.

Parte dispositiva:

Debo estimar e estimo substancialmente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Gallego Martín Esperanza, en nome e representación da entidade Bankia S.A., contra a tamén mercantil Servilimant Galicia S.L. e Luis Gañete Núñez, que foron declarados en situación de rebeldía procesual, e declaro resolto o contrato de arrendamento financeiro subscrito entre as partes o 27 de marzo de 2007 e, en consecuencia, acordo:

1. Condenar o arrendatario financeiro á entrega á demandante do ben obxecto de arrendamento, a carrozaría fixa e guindastre, marca Palfinger, modelo PK20002 E, número de fabricación/chasis 100060170.

2. Condenar o arrendatario financeiro á entrega á demandante da documentación oficial do ben.

3. Condenar os demandados a aboar conxunta e solidariamente á demandante a cantidade de 29.813,68 euros, como saldo debedor, máis os xuros e gastos que en diante se devindiquen e segundo o pactado correspondan, ata a resolución do contrato, que se acorda nesta resolución e tamén ao aboamento dos xuros na forma descrita no fundamento xurídico cuarto desta resolución, así como ao pagamento das custas devindicadas.

Esta resolución é susceptible de recurso de apelación en ambos os efectos ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo dos vinte días seguintes contados desde a súa notificación. Para a interposición do recurso deberase acreditar, no momento de preparar o recurso, a consignación do depósito e demais requisitos legalmente exixibles, na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Notifíquese a presente resolución ás partes e incorpórese a orixinal ao libro de sentenzas, con dedución de testemuño, que se unirá ás presentes actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

E atopándose o dito demandado, Servilimant Galicia, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

A Estrada, 14 de marzo de 2019

O letrado da Administración de xustiza