Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 26 de marzo de 2020 Páx. 17400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 12/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/ceses en xeral 12/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén García Vila contra María Vitoria Mera Gómez, Bienvenido Manuel Mera Gómez, Fernando Figueiras Portela, Café L´ Incontro, S.C.; Café L´ Incontro, C.B. e o Fogasa, sobre despedimento, se pronunciou con data do 20 de febreiro de 2020 sentenza contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos solicitados que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución na Secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Café L’Incontro, S.C. e Café L’Incontro, C.B., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza