Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de marzo de 2020 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Nécora, varada no porto de Ribeira.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Juan Rafael Maneiro Piñeiro, con DNI ***8024**, e a Nancy Stella Victoria Álvarez, con DNI ***9597**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 18 de febreiro de 2020 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación de que son copropietarios de nome Nécora e folio 3ª-VILL-3-9714 varada no porto de Ribeira, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Este acordo emítese por atoparse a embarcación varada sen actividade nin mantemento algún na rampla varadoiro do porto de Ribeira e sen aboar taxas, desde que foi refrotada por persoal de Portos de Galicia tras o seu afundimento en xaneiro de 2020, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, sendo o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase aos propietarios da embarcación un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírtese, que de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar ao buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realizarán sobre o buque sexan á conta do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia