Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16771

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 32/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 32/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Regueiro Requeijo contra Áncora Hispania, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza.

Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante, María Teresa Regueiro Requeijo, contra Áncora Hispania, S.L. e Fogasa, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará a data para a vista do incidente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020.

Presentado pola traballadora María Teresa Regueiro Requeijo, en que se exixe o cumprimento por parte da empresaria Áncora Hispania, S.L. da obriga de readmisión, e téndose despachado o Auto de execución do 21 de febreiro de 2020, de conformidade co artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, y fixo o vindeiro día 28 de abril de 2020, ás 12.00 horas, na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, no polígono das Fontiñas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desistiu na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación desta resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Áncora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza