Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16395

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de aprobación inicial de modificación do Plan parcial do parque empresarial de Friol.

Á Xunta de Goberno, na sesión do 20 de febreiro do actual, prestou aprobación á modificación puntual SUB P-I, do Plan parcial do parque empresarial de Friol.

En cumprimento do establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186 do seu regulamento (Decreto 143/2016, do 22 de setembro) sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O contido estará á disposición na sede electrónica do Concello de Friol
(friol.sedelectronica.gal).

Durante o dito prazo poderá examinarse por calquera persoa interesada nas dependencias municipais así como facer as alegacións que se consideren oportunas.

Transcorrido o prazo proseguirase coa tramitación exixida na normativa.

Friol, 21 de febreiro de 2020

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde