Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2019/171-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificado LMTS CD SAL804.

Situación: Salvaterra de Miño e As Neves.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV en tres tramos:

• Actuación 1: con condutor tipo LA-110 de 289 metros de lonxitude, con orixe no apoio de celosía nº 16 proxectado C-4500-14 na saída SAL804 e final no apoio de celosía nº 20 proxectado C-7000-16 na saída SAL804.

• Actuación 2: retensado van con condutor tipo LA-30, con final no apoio de celosía nº 18 proxectado C-2000-20.

• Actuación 3: retensado van con condutor tipo LA-30, con final no apoio de celosía nº 17 proxectado C-1000-16.

LMT subterránea a 20 kV en catro tramos:

• Actuación 1: con condutor tipo RHZ de 67 metros de lonxitude, con orixe na posición de liña na subestación Salvaterra e final no punto de acceso existente.

• Actuación 2: con condutor tipo RHZ de 1380 metros de lonxitude, con orixe no punto de acceso existente e final no PAS proxectado no apoio celosía existente no nodo C (C-9000-18).

• Actuación 3: con condutor tipo RHZ de 181 metros de lonxitude, con orixe no PAS proxectado no apoio celosía existente no nodo D (C-9000-18) e final na cela de liña en CD proxectado SAL804.

• Actuación 4: con condutor tipo RHZ de 555 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña no CD proxectado SAL804 e final no PAS no apoio de celosía proxectado nº 16 (C-4500-14).

As instalacións están situadas nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente en dereito.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra