Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico das Penizas, sito nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Forcarei da provincia de Pontevedra (IN408A 2017/06).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Greenalia Wind Power, S.L.U.

Denominación do proxecto: parque eólico das Penizas.

Concellos afectados: Cerdedo-Cotobade e Forcarei (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 33,6 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 8 x 4,2 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta anual estimada: 150.123 MWH/ano.

Orzamento total (execución material): 22.839.457,81 €.

Localización: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

1

549.127

4.715.599

2

550.741

4.715.599

3

551.875

4.711.785

4

550.079

4.711.785

Esta poligonal ocupa un total de 650,16 ha.

As coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

Concello

1

550.176

4.714.918

Cerdedo-Cotobade

2

550.368

4.714.662

Cerdedo-Cotobade

3

550.490

4.714.347

Forcarei

4

550.602

4.713.809

Forcarei

5

550.937

4.713.650

Forcarei

6

550.781

4.713.039

Forcarei

7

550.888

4.712.698

Forcarei

8

551.057

4.712.422

Cerdedo-Cotobade

Torre meteorolóxica

UTM-X

UTM-Y

TM1

550.734

4.713.496

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 8 aeroxeradores modelo V136, ou similar, cunha altura ata a buxa de 112 m e un diámetro de rotor de 136 m, de potencia máxima activa de xeración eléctrica de 4.200 kW e cos seus correspondentes centros de transformación montados en góndola con potencia unitaria de 4.700 kVA e relación de transformación de 30/0,72 kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque, composta por tres circuítos con condutores tipo RHZ1/OL 18/30 kV Al 240 mm2 nos correspondentes tramos, de lonxitudes 691 m, 1.112 m e 2.311 m respectivamente.

– Subestación de enerxía de 30/66 kV con aparamenta convencional cun transformador de potencia en intemperie de 35/45 kVA ONAN/ONAF. Estará composta por dous sistemas de tensión.

Un sistema de alta tensión de 66 kV de intemperie en configuración de simple barra, cunha posición de liña e unha posición de transformador de potencia.

Un sistema de 30 kV situado en celas de interior en configuración de simple barra con tres posicións de liña, unha posición de transformador, unha posición de servizos auxiliares e dúas posicións de medida de barras. A aparamenta deste sistema estará disposta en celas blindadas con illamento en SF6.

– No edificio onde se instalará o parque de 30 kV tamén se situará o centro de control, xunto coas comunicacións, proteccións e servizos auxiliares coas seguintes características:

Transformador de servizos auxiliares de 30/400-230 V de 50 kVA de potencia.

– 1 torre meteorolóxica de 98 m de altura.

O obxecto da información pública será o proxecto de execución das instalacións, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública (RBDA e planos parcelarios).

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A relación de bens e dereitos afectados (RBDA) figura no anexo que se xunta a esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución ou a partir da correspondente notificación individual aos afectados, e poderán examinar toda a documentación na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), na ligazón da web da Consellería de Economía, Emprego e Industria http://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion, na epígrafe de instalacións de xeración, así como nos taboleiros de anuncios dos concellos de Cerdedo-Cotobade e Forcarei (Pontevedra).

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico das Penizas
nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Forcarei (Pontevedra)

Nº parc. prox.

Propietario

Datos do predio

Afeccións m2

Datos catastrais

Concello

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume paso

Servi. voo

Ocup. temp.

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

Tor. met.

Sub.

Vía

Gabia

1

CMVMC de Tomonde

30

867

Cerdedo-Cotobade

Monte Barcia, Batán e Baiuca

Mato

1.431

2.086

3.299

1.085

12.695

1.495

2

CMVMC de Liñares e Mámoa

63

324

Forcarei

Montes Mámoa Liñares

Mato

2

3

CMVMC de Tomonde

30

866

Cerdedo-Cotobade

Monte Barcia, Batán e Baiuca

Mato

5.682

4

CMVMC de Liñares e Mámoa

68

501

Forcarei

Montes Mámoa Liñares

Carballeira

1.253

145

62

5

CMVMC de Tomonde

31

216

Cerdedo-Cotobade

Monte Barcia, Batán e Baiuca

Mato

998

6

CMVMC de Murada

68

505

Forcarei

Montes de Murada

Mato

716

1.233

196

8.653

2.195

9.140

1.192

7

CMVMC de Carballeira

68

523

Forcarei

Carballeira

Mato

1.242

321

8

CMVMC de Barciela

72

19

Forcarei

Montes de Barciela

Mato

715

1.827

5.159

729

8.750

2.929

9

CMVMC de Loureiro

32

3.197

Cerdedo-Cotobade

Monte de Loureiro

Mato

3.631

10

CMVMC de Loureiro

32

3.198

Cerdedo-Cotobade

Monte de Loureiro

Piñeiral para madeira

888

18

11

CMVMC de Loureiro

32

3.166

Cerdedo-Cotobade

Monte de Loureiro

Mato

642

1.250

2.148

10

3.645

1.469

12

CMVMC de Loureiro

32

3.167

Cerdedo-Cotobade

Monte de Loureiro

Mato

743

2.324

13

CMVMC de Barciela

72

20

Forcarei

Montes de Barciela

Mato

713

547

2.342

682

9.210

14

CMVMC de Vieiro e Coto Aciveiro

72

22

Forcarei

Montes de Vieiro e Coto

Mato

162

135

3.345

15

CMVMC de Murada

68

509

Forcarei

Montes de Murada

Mato

716

907

953

670

12.816

416

16

CMVMC de Liñares e Mámoa

68

493

Forcarei

Montes Mámoa Liñares

Mato

715

1.562

1.419

10.194

1.763

11.190

3.111

17

CMVMC de Liñares e Mámoa

63

287

Forcarei

Montes Mámoa Liñares

Mato

179

605

170

3.134

412