Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2020 Páx. 16365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do período de información e actuacións previas no expediente sancionador IN635C/2020/22-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica á persoa interesada que se relaciona no anexo o período de información e actuacións previas no expediente sancionador por infracción en materia de industria, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar a documentación solicitada e presentar as alegacións, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 2 de marzo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C/2020/22-4.

Persoa interesada:

DNI: 36151652E.

Acto notificado: período de información e actuacións previas no expediente sancionador.